3 oct. 2018

Vigo. Este viernes, charla-coloquio sobre "Julio Verne, realidades y mitos"

CHARLA / ENCONTRO
Jules Verne. Realidades e mitos”, por Jesús Navarro Faus
[Actividades paralelas exposición ‘XULIO VERNE. Os límites da imaxinación’]

Este vernes 5 de outubro, o profesor e investigador do CSIC ofrecerá unha panorámica de As viaxes extraordinarias de Verne, así como unha revisión dos mitos máis recorrentes en torno á súa figura.
Durante esta charla-encontro, Jesús Navarro Faus estará acompañado por Julio Astor Camino (catedrático de Bioloxía, divulgador científico, membro da Sociedad Hispánica Jules Verne e da Sociedade Verniana de Vigo), e Eduardo Rolland (xornalista, asesor de contidos para a mostra en Vigo, e autor do libro Vigo-Verne. Do Nautilus do capitán Nemo ás dúas visitas do escritor, cuxa presentación terá lugar durante este mesmo acto.
Data: venres 5 outubro 2018
Lugar: salón de actos
Horario: ás 19.30
Colabora: Sociedade Verniana de Vigo
ENTRADA LIBRE E GRATUITA ata completar aforo
Dentro das actividades paralelas organizadas con motivo da exposición ‘XULIO VERNE. Os límites da imaxinación’ —prorrogada ata o 21 de outubro nas salas da planta baixa— o salón de actos do MARCO acolle este venres unha conferencia baixo o título ‘Jules Verne. Realidades e mitos’, a cargo de Jesús Navarro Faus.
A obra principal de Verne está formada polos 64 títulos que integran a serie de As viaxes extraordinarias. Nesta conferencia ofrecerase unha panorámica xeral destas novelas, xunto con algunhas pinceladas biográficas do seu autor. Tamén revisaranse algúns dos mitos persistentes en torno a Verne, como escritor para adolescentes, misóxino ou profeta da ciencia.
Jesús Navarro Faus é profesor de Investigación do CSIC Consejo Superior de Investigaciones Científicas, no Instituto de Física Corpuscular (Centro Mixto do CSIC e a Universitat de València). A súa investigación abarca temas de líquidos cuánticos e de estrutura dos núcleos atómicos. Ten publicado diversos libros sobre divulgación científica, así como Sueños de Ciencia. Un viaje al centro de Jules Verne
Organizado polo MARCO en colaboración coa Sociedade Verniana de Vigo, a presentación estará a cargo do catedrático de bioloxía Julio Astor Camino, colaborador científico en La Voz de Galicia e Faro de Vigo, e membro da Sociedad Hispánica Jules Verne e SVV. 
Ademais, o encontro servirá tamén como acto de presentación do libro Vigo-Verne. Do Nautilus do capitán Nemo ás dúas visitas do escritor, do que é autor Eduardo Rolland. Nesta obra, publicada en galego e castelán, repásase a estreita relación entre Verne e Vigo, unha extraordinaria historia que Rolland abordara xa en publicacións anteriores (Verne en la bahía del tesoro20.000 leguas de Verne a Vigo), e que ten o seu reflexo na exposición a través da sala ‘Mobilis in mobili’.



Páginas