31 oct. 2018

Vela. Galicia acoge -en 2020 y 2021- campeonatos de Europa y del Mundo de la clase 6 metros

O presidente da Xunta participou na presentación que estivo presidida pola S.M. o Rei don Juan Carlos.
FEIJÓO REFÍRESE AOS PRÓXIMOS EVENTOS INTERNACIONAIS DE VELA QUE SE CELEBRARÁN NO 2020 E NO 2021 COMO “UN PÓRTICO MÁIS” DO VINDEIRO XACOBEO.
“Sanxenxo e Galicia enteira serán perfectos anfitrións”, asegura.
Agradece a Don Juan Carlos a súa devoción por Galicia e o seu labor como embaixador excepcional de Galicia.

Sanxenxo (RBT). O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe os próximos campionatos de Europa e do Mundo da clase 6 metros de vela, que se celebrarán no 2020 e no 2021, como “un Pórtico máis” do vindeiro Xacobeo, que converterá Galicia e España no centro do mundo das peregrinacións.
Durante a presentación dos próximos eventos internacionais de vela, que estivo presidida pola S.M. o Rei don Juan Carlos, Feijóo salientou que, ao igual que o Camiño de Santiago é a proba de que homes e mulleres de procedencias diversas e pensamentos diferentes, son quen de camiñar xuntos e compartir metas, as competicións náuticas que hoxe se presentan son igualmente o triunfo do espírito de equipo sobre un medio natural non sempre fácil.
“Sanxenxo e Galicia enteira serán perfectos anfitrións”, aseverou, agradecendo a don Juan Carlos a súa devoción por Galicia e a súa labor como embaixador excepcional de Galicia.

O presidente da Xunta concluíu valorando que nos motivos que tivo en conta a Asociación Internacional da clase 6 metros para designar Galicia como organizadora destes campionatos estea perfectamente reflectida a Comunidade. “Fálase do nivel das nosas infraestruturas, pero tamén dos valores culturais. Refírese ás instalacións portuarias e náuticas, pero tamén á gastronomía. Alúdese a modernidade e a capacidade organizativa, sen esquecer a solidariedade. E sublíñase, en fin, o apoio institucional de todas as administracións galegas ao deporte. 

Share:


ARCHIVO RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Edición 15 de Rías Baixas Tribuna ya está en puertas

La edición 15, edición impresa de RÍAS BAIXAS TRIBUNA está siendo ya elaborada desde este lunes. Temas de máximo interés están en la planill...


LOS MÁS POPULARES EN UN AÑO

RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Buscar en RÍAS BAIXAS TRIBUNA

O noso peixe é de fiar

Empresas y autónomos confian

Empresas y autónomos confian
Gestradoc también obsequia a sus clientes con un ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Apuesta por el mejor vino blanco

Galicia, tes que vivila

Galicia, tes que vivila

En Zaragoza, 14 - Vigo

En Zaragoza, 14 - Vigo
recoge aquí tu ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA, obsequio de este establecimiento hasta agotar existencias

Para ir a las islas atlánticas...

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Desde el corazón de Galicia

Nuestras ediciones impresas

Nuestras ediciones impresas

Galicia é Calidade

Nuestra última edición impresa

Nuestra última edición impresa

Newsletter

Translate