2 oct. 2018

Solidariedade Galega co Pobo Saharauí la emprende contra Conxemar y una empresa marroquí con sede en la antigua Villa Cisneros

VIGO - A asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (SOGAPS), manifestou a súa "total repulsa polo acontecido co stand da empresa marroquí “Atlas Pelagic” e coa organización da Feira “Conxemar” en Vigo, onde se fai constar que a Vila de Dajla, nos Territorios Ocupados do Sáhara Occidental polo reino de Marrocos, é zona marroquí. SOGAPS fai saber á opinión pública que Dajla non é Marrocos, senón zona ocupada do Sáhara Occidental pendente do proceso de descolonización; e que como consta no tratado de Paz de Nacións Unidas o único representante legal desta zona colonizada é o Frente Polisario".
Por tal razón ademais de mobilizacións, como a concentración que anuncian para mañá día 3 ás 4 da tarde no recinto ferial "contra esta profanación da realidade sobre o Sáhara Occidental", SOGAPS refere que vai "interpoñer unha demanda xudicial nos tribunais de xustiza contra Conxemar e contra a empresa marroquí “Atlas Pelagic”..." por presunta información non veraz que "supón un engano a todos os consumidores e participantes na feira de alimentación que se está a celebrar no IFEVI en Vigo", concluen os activistas de Sogaps.

Barcos pesqueros en el puerto de Dajla, la antígua Villa Cisneros, hoy ocupada por Marruecos y reclamada
por el Frente Polisario. En Internet, la empresa Atlas Pelagic figura con sede en Dajla; en la misma
web donde la referencia que sobre Dajla figura es "Marruecos". Entre sus actividades, la empresa en
cuestión tiene la venta de sardinas congeladas, incluso a través de "Alibabá".
(foto : tsara f maroc bi cha3bi)





Páginas