26 oct. 2018

Siguen las posiciones encontradas sobre la ampliación de la depuradora de Lourizán

En Pontevedra, vecinos de Lourizán agrupados en un colectivo anti-ampliación de la actual depuradora, siguen argumentando al respecto de sus objetivos. En las últimas horas han vuelto a hacer presentes una serie de razones a los medios de comunicación.
Ahora aprovechan que el Concello de Pontevedra (el Bloque gobernante) echa el muerto de la contaminación de las aguas al puerto de Marín, lavándose las manos en sus responsabilidades de años, para a partir de ahí construir este argumentario de la nota que sigue...

VECIÑOS DE LOURIZÁN SIGUEN 
"INSISTINDO EN QUE HAI MOITAS ALTERNATIVAS"
"Os veciños de Lourizán queren apoiar publicamente as declaracións dos representantes do Concello de Pontevedra no sentido de que unha parte dos problemas da EDAR actual veñen das augas residuais procedentes do porto de Marín, tanto da auga salada, como de grasas e outros elementos que empregan as empresas alí ubicadas. A Plataforma veciñal, que leva estes meses recabando información sobre saneamento e depuradoras en xeral, e o saneamento da ría de Pontevedra e a depuradora dos Praceres, en concreto, ten recollido testemuños de persoas que visitaron a estación situada na parroquia e o que se atoparon foialgo surrealista: "os depósitos cheos de calamares e doutros produtos do mar, procedentes de empresas situadas na zona portuaria".
Consideran que sería razonable facer unha pequena depuradora só para o porto, que ocuparía moi pouco espazo pero que resolvería moitos problemas.
Por outro lado, os veciños xa lle transmitiran a Augas de Galicia a proposta de facer unha depuradora para o polígono industrial do Campiño-A Reigosa. Tampouco ocuparía moito espazo e solucionaría moitas cousas. Un dos problemas que ten o saneamento actual e que chegan a Praceres as augas residuais domésticas mezcladas coas industriais, o que fai que haxa que empregar tecnoloxías físico-químicas. Quitando as augas residuais industriais da ecuación, poderían empregarse unha tecnoloxía máis moderna e máis eficaz.
Pensan os veciños que é moi fácil botarlle toda a culpa á depuradora actual en lugar de solucionar todos os problemas que presenta o saneamento. "Se é certo que á Xunta lle preocupa algo a contaminación do banco marisqueiro, deberían separar canto antes as fecais e as augas pluviais. Este é un dos grandes problemas e fai anos que debería terse solucionado. Cando chove moito, o sistema actual non ten capacidade suficiente e hai que aliviar a carga, de maneira que acaba na ría". En lugar dedicir: "imos separar as pluvias e as fecais para que isto non suceda", a Xunta está a dicir: "imos facer unha depuradora tan grande, tan grande, que por moito que chova, isto non vai volver pasar".




Share:


ARCHIVO RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Edición 15 de Rías Baixas Tribuna ya está en puertas

La edición 15, edición impresa de RÍAS BAIXAS TRIBUNA está siendo ya elaborada desde este lunes. Temas de máximo interés están en la planill...


LOS MÁS POPULARES EN UN AÑO

RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Buscar en RÍAS BAIXAS TRIBUNA

O noso peixe é de fiar

Empresas y autónomos confian

Empresas y autónomos confian
Gestradoc también obsequia a sus clientes con un ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Apuesta por el mejor vino blanco

Galicia, tes que vivila

Galicia, tes que vivila

En Zaragoza, 14 - Vigo

En Zaragoza, 14 - Vigo
recoge aquí tu ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA, obsequio de este establecimiento hasta agotar existencias

Para ir a las islas atlánticas...

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Desde el corazón de Galicia

Nuestras ediciones impresas

Nuestras ediciones impresas

Galicia é Calidade

Nuestra última edición impresa

Nuestra última edición impresa

Newsletter

Translate