31 oct. 2018

Santiago Rodríguez: “Carmela Silva leva a confrontación e os insultos no ADN..."

Santiago Rodríguez: “Carmela Silva leva a confrontación e os insultos no ADN, por iso o anuncio do diálogo duroulle apenas 5 minutos”.O PP lamenta que a incapacidade e a falta de vontade política do Bipartito da Deputación bloquee a comarcalización en Pontevedra, mentres no resto de provincias se chega a acordos.“Prexudican aos concellos pequenos do entorno das grandes cidades, que é xusto o contrario do que debe facer a Deputación”, critica o deputado.
Pontevedra (RBT). O grupo provincial do Partido Popular lamenta que o anuncio de Carmela Silva de que ía evitar confrontar co PP lle durara só uns minutos, e que volvese a polemizar tras o pleno do Consorcio Provincial Contra Incendios. 
O deputado Santiago Rodríguez Davila di que “Carmela Silva leva a confrontación e os insultos no ADN, por iso o anuncio de que ía apostar polo diálogo e a xestión duroulle só 5 minutos”. Tanto é así, incide o popular, que ata polemiza e busca a confrontación incluso cos técnicos. “O que non é normal é que estea constantemente en discusións e trifulcas”. 
Para Rodríguez Davila o problema é que “a Carmela Silva non lle gusta escoitar a verdade sobre a súa xestión, e mentres en toda Galicia se chegaron a acordos, na provincia de Pontevedra é imposible pola oposición da presidenta”. Por iso, critica que “a incapacidade e a falta de vontade política do Bipartito da Deputación está bloqueando a comarcalización e a mellora das emerxencias en Pontevedra. Prexudican aos concellos pequenos do entorno das grandes cidades, que é xusto o contrario do que debe facer a Deputación”.
Por iso, volven a insistir os populares en que deixen de utilizar a Deputación como unha ferramenta de confrontación política. “Non se trata de que prometan que van apostar polo diálogo, trátase de demostralo con feitos, e estes tres anos no Goberno provincial falan por si mesmos. Foron tres anos de confrontación contra todo e contra todos, de insultos, de ameazas...”.

Por último, os populares piden “de unha vez por todas que deixen de utilizar as redes sociais institucionais como se fosen perfís persoais ou de partido. Non sabemos onde acaba a institución provincial e onde comeza o PSOE, porque mesturan unha cousa coa outra”.

Share:


ARCHIVO RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Edición 15 de Rías Baixas Tribuna ya está en puertas

La edición 15, edición impresa de RÍAS BAIXAS TRIBUNA está siendo ya elaborada desde este lunes. Temas de máximo interés están en la planill...


LOS MÁS POPULARES EN UN AÑO

RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Buscar en RÍAS BAIXAS TRIBUNA

O noso peixe é de fiar

Empresas y autónomos confian

Empresas y autónomos confian
Gestradoc también obsequia a sus clientes con un ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Apuesta por el mejor vino blanco

Galicia, tes que vivila

Galicia, tes que vivila

En Zaragoza, 14 - Vigo

En Zaragoza, 14 - Vigo
recoge aquí tu ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA, obsequio de este establecimiento hasta agotar existencias

Para ir a las islas atlánticas...

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Desde el corazón de Galicia

Nuestras ediciones impresas

Nuestras ediciones impresas

Galicia é Calidade

Nuestra última edición impresa

Nuestra última edición impresa

Newsletter

Translate