2 oct. 2018

O Festival SonRías Baixas 2018 está nominado na quinta edición dos Premios Fest

BUEU. - O Festival SonRías Baixas 2018 está nominado na quinta edición dos Premios Fest como Mellor Festival de Mediano Formato, Maior Achega Turística á Rexión, Mellores actividades paralelas, Mellor zona de restauración, Mellor Campaña de Comunicación, Festival máis sustentable e Festival máis tecnolóxico. Tamén están nominados a Mellor Directo internacional o de Sara Hebe e a Mellor Directo Nacional dúas bandas que pasaron este ano polo SonRías: Berri Txarrak e La Raíz. Finalmente, o festival opta a Mellor Activación de Marca por Super Bock e participa na marca colectiva Fest Galicia.
Premios Fest é o único recoñecemento en España dedicado aos festivais de música, unha referencia fundamental do sector e Marca de Calidade. O público pode votar os seus eventos favoritos a través de a web -até o vindeiro luns 8 de outubro- e un xurado profesional fai o propio do 8 ao 10 de outubro. Os gañadores destes V Premios Fest serán seleccionados da combinación de ambas as votacións e desvelaranse o 24 de outubro durante a cerimonia que terá lugar na sala BBK de Bilbao a partir das 20:00h, no marco do BIME.




Páginas