12 oct. 2018

Embajador de España ante Unesco dice al conselleiro de Cultura que apoyará Cíes-Illas Atlánticas

COMPOSTELA / PARIS .-  O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, mantivo este venres en París unha reunión co embaixador delegado permanente de España ante a UNESCO, Juan Andrés Perelló Rodríguez, quen lle trasladou a súa colaboración e apoio ás candidaturas a Patrimonio Mundial nas que está a traballar Galicia, nomeadamente Illas Cíes-Parque Nacional Illas Atlánticas e Ribeira Sacra. Durante a xuntanza tamén estivo presente a directora xeral do Patrimonio Cultural, María del Carmen Martínez Insua. 
Cómpre lembrar que o pasado marzo, o conselleiro xa mantivo unha xuntanza coa directora do Centro do Patrimonio Mundial, Mechtild Rössler, quen lle certificou o rexistro de Cíes-Illas Atlánticas na UNESCO. Isto foi posible porque en outubro de 2017, o Consejo de Patrimonio Histórico Español xa aprobou a inclusión desta candidatura na Lista indicativa. 
Neste momentos, Cíes-Illas Atlánticas continúa avanzando no seu camiño para converterse Patrimonio da Humanidade. En concreto, desde a Consellería de Cultura e Turismo –en colaboración coa de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda– asinarase un convenio de colaboración coas tres universidades galegas para elaborar o formulario da candidatura, no marco do proceso de suma de apoios iniciado ao redor da mesma. 
Illas Cíes-Parque Nacional Illas Atlánticas naceu desde o primeiro momento coa vontade de sumar entre todos os territorios implicados e así poder construír, desde o consenso, unha candidatura forte como país. De feito, esta candidatura presenta catro calidades vantaxosas para lograr a declaración de Patrimonio Mundial. Para comezar, o seu acreditado valor universal excepcional polo riquísimo patrimonio natural e cultural que albergan os arquipélagos de Cíes, Ons, Cortegada e Sálvora. Tamén, a súa integridade territorial, os niveis de protección específicos dos que a dispón e, por último, a existencia dunha unidade de xestión.
Ribeira Sacra
Pola súa banda, Juan Andrés Perelló Rodríguez tamén se interesou pola candidatura da Ribeira Sacra, cuxa previsión é presentala ante o Consejo de Patrimonio Histórico Español en marzo de 2019. Neste encontro decidirase o ano no que competirá a proposta, tendo en conta que o Ministerio, dentro de todas as candidaturas presentadas polas diferentes comunidades autónomas, só pode elevar unha cada ano ao Centro de Patrimonio Mundial da UNESCO. 
Actualmente estase ultimando o expediente de declaración BIC, na categoría de Paisaxe Cultural, da Ribeira Sacra, un paso indispensable para promover a candidatura a Patrimonio Mundial. Neste sentido, cómpre resaltar que estes dous futuros recoñecementos suporán unha oportunidade histórica tanto para o desenvolvemento sostible da zona, como para reforzar o seu potencial turístico desde o punto de vista natural, cultural e mesmo enolóxico, o que o converterá nun destino único e singular que promoverá a dinamización económica da zona. 

Share:


ARCHIVO RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Edición 15 de Rías Baixas Tribuna ya está en puertas

La edición 15, edición impresa de RÍAS BAIXAS TRIBUNA está siendo ya elaborada desde este lunes. Temas de máximo interés están en la planill...


LOS MÁS POPULARES EN UN AÑO

RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Buscar en RÍAS BAIXAS TRIBUNA

O noso peixe é de fiar

Empresas y autónomos confian

Empresas y autónomos confian
Gestradoc también obsequia a sus clientes con un ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Apuesta por el mejor vino blanco

Galicia, tes que vivila

Galicia, tes que vivila

En Zaragoza, 14 - Vigo

En Zaragoza, 14 - Vigo
recoge aquí tu ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA, obsequio de este establecimiento hasta agotar existencias

Para ir a las islas atlánticas...

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Desde el corazón de Galicia

Nuestras ediciones impresas

Nuestras ediciones impresas

Galicia é Calidade

Nuestra última edición impresa

Nuestra última edición impresa

Newsletter

Translate