26 oct. 2018

Núcleos rurales y cascos históricos serán otra cosa con la nueva ley gallega de rehabilitación

FEIJÓO SALIENTA QUE A NOVA LEI DE REHABILITACIÓN AXILIZARÁ A TRAMITACIÓN PARA A RECUPERACIÓN DE CASCOS HISTÓRICOS E NÚCLEOS RURAIS
  • Subliña que non será necesario informe da Dirección Xeral de Patrimonio para levar a cabo a rehabilitación dun inmoble salvo que sexa un Ben de Interese Cultural (BIC) ou un edificio con catalogación de protección integral
  • A nova norma establecerá un réxime sancionador específico para loitar contra as pintadas en edificacións históricas ou ámbitos protexidos, que poderán ser consideradas sancións leves ou graves e as multas irán desde os 300 aos 150.000 euros

Santiago. O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe que a nova Lei de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbana de Galicia axilizará a tramitación para a recuperación de cascos históricos e núcleos rurais. 
O seu obxectivo básico é facilitar a recuperación do patrimonio construído, evitar o seu abandono e favorecer a súa transformación nun factor de dinamización económica e social. Así o explicou o titular da Xunta na rolda de prensa tras a reunión do Consello de hoxe, no que se aprobou o borrador para poder sometelo ao ditame do Consello Económico e Social de Galicia e, posteriormente, poder remitir a normativa ao Parlamento para a súa tramitación.
Feijóo enumerou varias iniciativas aprobadas polo Goberno galego. Concretamente, referiuse ao Plan Rexurbe, que permite rehabilitar vivendas nos cascos históricos das vilas e cidades; ao incremento de fondos para levar a cabo accións en áreas de rehabilitación integral; e á baixada do Imposto sobre Transmisións  Patrimoniais no caso de vivenda usada habitual, o que sitúa a Galicia no grupo de comunidades coa cuarta menor tributación neste eido. 
Todas estas medidas serán completadas coa nova Lei de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbana, que introduce varias novidades. En primeiro lugar, o presidente da Xunta subliñou que non será necesario informe da Dirección Xeral de Patrimonio para levar a cabo a rehabilitación dun inmoble salvo que sexa un Ben de Interese Cultural (BIC) ou un edificio con catalogación de protección integral. 
“Iso significa que a Dirección Xeral de Patrimonio vai informar entre un 30 e un 40% menos de expedientes”, precisou, xusto antes de cualificar esta nova lei como a maior aposta pola axilización na tramitación de licencias directas para poder rehabilitar edificios que non sexan catalogados coa máxima protección patrimonial.

Vivendas situadas nos Camiños de Santiago 
En concreto, a futura normativa simplificará os trámites de intervención nas vivendas situadas nos Camiños de Santiago e nos núcleos rurais e urbanos. Así pois, concederase unha licencia directa coa condición de que, como sinalou Feijóo, non afecte a elementos especificamente protexidos.
Deste xeito, a futura normativa ampliará os supostos de concesión de licencias directas por parte dos concellos, sen necesidade de contar coa autorización previa da Administración autonómica, para os seguintes traballos: cambios de cuberta e actuacións en carpinterías exteriores, fachadas ou no interior de edificacións.
Así mesmo, sinalou que a nova normativa permitirá agregar edificios entre si a través dunha unión interior para rehabilitar vivendas e poder vivir nelas. Tamén posibilitará a unión de locais de negocio aínda que pertenzan a distintas vivendas ou a demolición e reforma da fachada en edificios con protección ambiental se se atopan en situación de ruína.
Loitar contra as pintadas
De igual xeito, a nova norma establecerá un réxime sancionador específico para loitar contra as pintadas en edificacións históricas ou ámbitos protexidos, que poderán ser consideradas sancións leves ou graves e as multas irán desde os 300 aos 150.000 euros.
Para aqueles supostos que contemplen infraccións moi graves sobre patrimonio, como demolicións, destrución ou danos irreparables, xa se aplica a Lei de Patrimonio Cultural.
En conclusión, esta lei, unha das máis importantes que se prevé aprobar nesta lexislatura, suprimirá as trabas e dificultades para quen acomete actuacións de rehabilitación e garantirá tamén planificación e cualificación técnica nas intervencións. 

O seu obxectivo non é outro que alcanzar unha Galicia máis atractiva para vivir, traballar e visitar, para o que se facilita a recuperación do construído, se fomenta a cultura da rehabilitación e se impulsa a dinamización económica, social e demográfica.

Feijóo avanzó los detalles de la nueva ley


Share:


ARCHIVO RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Edición 15 de Rías Baixas Tribuna ya está en puertas

La edición 15, edición impresa de RÍAS BAIXAS TRIBUNA está siendo ya elaborada desde este lunes. Temas de máximo interés están en la planill...


LOS MÁS POPULARES EN UN AÑO

RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Buscar en RÍAS BAIXAS TRIBUNA

O noso peixe é de fiar

Empresas y autónomos confian

Empresas y autónomos confian
Gestradoc también obsequia a sus clientes con un ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Apuesta por el mejor vino blanco

Galicia, tes que vivila

Galicia, tes que vivila

En Zaragoza, 14 - Vigo

En Zaragoza, 14 - Vigo
recoge aquí tu ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA, obsequio de este establecimiento hasta agotar existencias

Para ir a las islas atlánticas...

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Desde el corazón de Galicia

Nuestras ediciones impresas

Nuestras ediciones impresas

Galicia é Calidade

Nuestra última edición impresa

Nuestra última edición impresa

Newsletter

Translate