31 oct. 2018

Nova edición do Conecta Peme mobilizará máis de 47 millóns de euros en 54 proxectos innovadores

FEIJÓO AVANZA QUE A CUARTA EDICIÓN DO CONECTA PEME MOBILIZARÁ MÁIS DE 47 MILLÓNS EN 54 PROXECTOS DE INNOVACIÓN EMPRESARIAL. Asevera que para a selección dos proxectos primouse o novidoso das tecnoloxías xeradas e a súa capacidade para poñer no mercado novos produtos. Di que esta iniciativa pretende estimular a innovación das pemes galegas e fomentar a cooperación entre os diferentes axentes. Salienta que este programa compleméntase co Interconnecta que, desde 2011, tamén está a favorecer o desenvolvemento de 172 proxectos

COMPOSTELA (RBT). O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe na rolda de prensa so Consello que a cuarta edición do Conecta Peme mobilizará máis de 47 millóns de euros en 54 proxectos de innovación empresarial. 
Máis polo miúdo, Feijóo explicou que para a selección dos proxectos primouse o novidoso das tecnoloxías xeradas e a súa capacidade para poñer no mercado novos produtos e solucións que supoñan un avance significativo ou un alto impacto económico.
Así mesmo, nesta convocatoria destinarase un 8% máis de orzamento que na anterior, chegando aos 27 millóns de euros en axudas para beneficiar a un total de 169 empresas –o 93% pemes–, e a 24 centros tecnolóxicos e organismos de investigación, co obxectivo de xerar 72 empregos cualificados.
Cómpre salientar que dos 54 proxectos: 38 están vinculados ao desenvolvemento experimental; 9 a potenciar a Industria 4.0 a través de proxectos de innovación en materia de organización e proxectos e 7 terán como obxectivo a investigación industrial.  E, por sectores, preto do 30% centraranse na área da nanotecnoloxía e materiais e tecnoloxías da produción; cerca do 28% no eido da enerxía e do medio ambiente e o 15% en torno á saúde e o benestar. 
Ao longo da súa intervención, o presidente da Xunta precisou varias novidades, ademais do incremento do orzamento como: a simplificación de trámites, a especial valoración da contratación de persoal e o potencial en canto a viabilidade e rendibilidade dos proxectos, así como o fomento dunha maior concorrencia para evitar a concentración de axudas nunha mesma empresa.

Conecta Peme pretende estimular a innovación das pemes galegas:
Dirixido a proxectos que contan cun orzamento de entre 500.000 euros e 1,5 millóns de euros, Feijóo aseverou que esta iniciativa pretende estimular a innovación das pemes galegas e fomentar a cooperación entre os diferentes axentes, xa que cada proxecto conta coa participación de entre tres e seis empresas e pode incluír unha grande empresa. 
Desde a súa posta en marcha, no ano 2013, este programa está a mobilizar 150 millóns de euros en 187 proxectos de cooperación, nos que están a participar 433 empresas (95% pemes) e 81 centros tecnolóxicos e de investigación, e coa creación de 530 empregos.
Este programa compleméntase con Interconnecta que, desde 2011, tamén está a favorecer o desenvolvemento de 172 proxectos entre grandes consorcios de empresas e centros de coñecemento, coa participación de 565 empresas galegas.


Share:


ARCHIVO RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Edición 15 de Rías Baixas Tribuna ya está en puertas

La edición 15, edición impresa de RÍAS BAIXAS TRIBUNA está siendo ya elaborada desde este lunes. Temas de máximo interés están en la planill...


LOS MÁS POPULARES EN UN AÑO

RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Buscar en RÍAS BAIXAS TRIBUNA

O noso peixe é de fiar

Empresas y autónomos confian

Empresas y autónomos confian
Gestradoc también obsequia a sus clientes con un ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Apuesta por el mejor vino blanco

Galicia, tes que vivila

Galicia, tes que vivila

En Zaragoza, 14 - Vigo

En Zaragoza, 14 - Vigo
recoge aquí tu ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA, obsequio de este establecimiento hasta agotar existencias

Para ir a las islas atlánticas...

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Desde el corazón de Galicia

Nuestras ediciones impresas

Nuestras ediciones impresas

Galicia é Calidade

Nuestra última edición impresa

Nuestra última edición impresa

Newsletter

Translate