2 oct. 2018

La bonanza climatológica se instala en Galicia toda la semana

MIÉRCOLES
O anticiclón localizado ao norte da península Ibérica continuará bloqueando durante esta xornada a chegada de influencias atlánticas. Isto fará que novamente vivamos unha xornada de estabilidade, con ceos pouco anubrados ou despexados. As temperaturas ascenderán, polo que acadaremos valores elevados para esta época do ano durante a tarde. Os ventos soprarán frouxos de compoñente leste, con intervalos de moderado no litoral norte.
JUEVES
Non se agardan cambios significativos para o xoves, polo que unha xornada máis os ceos permanecerán pouco anubrados ou despexados en toda a Comunidade. As temperaturas quedarán sen cambios ou mesmo continuarán ascendendo, quedando os rexistros en valores altos para a época do ano. Os ventos soprarán frouxos de compoñente leste, con réxime de brisas nas Rías Baixas.
VIERNES
O venres teremos unha xornada de transición entre as altas e as baixas presións, co achegamento de masas de aire húmido dende o norte. Con isto, amenceremos cos ceos pouco anubrados ou despexados, e co avance da xornada, a presencia de nubes irá aumentando polo terzo norte. As temperaturas sufrirán un lixeiro descenso. Os ventos soprarán frouxos e con dirección variable.
SÁBADO
A xornada do sábado quedará marcada por unha situación intermedia entre as altas e as baixas presións, polo que agardamos un aumento das nubes e un descenso xeral das temperaturas. Este aumento das nubes podería deixar algunhas chuvias febles no terzo norte. Sen embargo as altas presións recuperarán a posición ao norte da península de novo o domingo, aportando estabilidade. Esta situación continuará a comezos da vindeira semana. Polo tanto nesas xornadas o predominio será para os ceos abertos, mentres que as temperaturas iranse recuperando lentamente da caída do sábado.

(Pronósticos de MeteoGalicia).




Páginas