7 oct. 2018

Interesante jornada de programa de formación para ayudar a Pymes, MicroPymes y Autónomos en su transformación digital

COMPOSTELA.- A  Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) lanza o programa “Destino: Peme Dixital”, un itinerario formativo deseñado para que pemes, micropemes e autónomos coñezan as ferramentas e recursos para liderar a súa transformación dixital  e mellorar a súa proxección de futuro. Un proxecto estratéxico que se presentará o mércores, 10 de outubro, nunha xornada  informativa e de networking que terá lugar no Auditorio da Biblioteca da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela. 
O experto en innovación e transformación dixital, Juan Luís Polo, será o encargado de ofrecer o relatorio principal. Profesor do Instituto de Empresa Business School, socio fundador da axencia Good Rebels, Polo impartirá unha conferencia titulada “Achegándonos ao Universo dixital”. Unha mensaxe inspiradora centrada nas características da nova sociedade conectada, coas claves necesarias para entender como a transformación dixital impacta na xestión de equipos e organizacións.

Casos de éxito de empresas locais
Así mesmo, catro empresas galegas que actualmente xa están inmersas neste proceso de dixitalización, expoñerán as súas experiencias neste proceso. Casos de éxito reais e próximos como exemplo para outros empresarios e unha boa oportunidade para compartir inquietudes, dúbidas, problemas e expor solucións nunha contorna creativa e colaborativa con empresas similares entre si. 

Ao longo da mañá informarase  tamén aos asistentes das distintas accións que conforman o programa “Destino: PemeDixital”. Unhas novas e outras, como o Acelera-Tic na súa xa terceira edición, que volve, renovado, cun novo formato para adaptarse ás necesidades e inquietudes detectadas entre os profesionais galegos. 

Aforamento limitado
O prazo de inscrición para a xornada formativa permanece está aberto. Os interesados poden xestionar a súa solicitude a través da web do CDTIC https://cdtic.xunta.gal/es/pemedixital. A asistencia é gratuíta e o aforamento limitado. As solicitudes atenderanse por rigorosa orde de chegada.


Páginas