31 oct. 2018

Inauguran, en el Museo Arqueológico Nacional, la exposición "Galaicos.Un pueblo entre dos mundos"

MADRID (RBT). O ministro de Cultura, José Guirao, e a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, inauguraron esta mañá “Galaicos. Un pobo entre dous mundos” na que se pon en valor, de forma didáctica e explicativa, a importancia e sofisticación da cultura galaica e do seu territorio como un dos puntos estratéxicos da prehistoria e historia antiga. 
Algunos de los presentes en la inauguración : en el centro, el ministro Guirao
A presidenta da Deputación destacou que coa mostra “todas e todos poderán descubrir que eramos unha sociedade aberta e moi creativa, e cunha posición privilexiada, a catro días de navegación de Cádiz e de Cardiff, que nos situaba no centro do intercambio comercial e cultural da prehistoria e historia antiga”. Deste xeito, “Galaicos. Un pobo entre dous mundos” concíbese de xeito divulgativo, tal e como manifestou Carmela Silva, para “contarlle ao mundo que as e os galaicos eramos moito máis que as e os habitantes do noroeste peninsular, que queremos romper o tópico de pobo pouco desenvolvido para que se coñeza a historia da provincia de Pontevedra, a historia de homes e mulleres que herdamos unha historia e cultura digna de ser contada”.
Durante a rolda de prensa de presentación da exposición Carmela Silva informou que, ata o momento, e segundo establecen cronistas das campañas romanas, Galicia era coñecida como unha sociedade matriarcal e democrática. Sen embargo, “pouco se dixo da nosa posición estratéxica como punto de entrada de mercadorías, costumes e ideas, como lugar de confluencia entre o mundo Atlántico e o Mediterráneo”, indicou a presidenta. Precisamente isto, tal e como asegurou Silva, é o que pretende esclarecer “Galaicos. Un pobo entre dous mundos”. 
Pola súa banda, o director xeral de Belas Artes, Román Fernández-Baca, enxalzou que a exposición “é algo máis que unha mostra de obxectos, é unha mostra de fecundidade cultural, de paisaxes, de patrimonio e emocións, na que as persoas son protagonistas”. Tamén subliñou o valor da exposición para poñer de manifesto a interconexión cultural entre o Mediterráneo e o Atlántico, “que traspasou a barreira do tempo ata facerse presente hoxe con Galaicos, unha excelente oportunidade para compartir o que nos une e admirar e recoñecer o que nos diferenza”.
Neste mesmo eido afondaron os comisarios da mostra, Antonio Nicolau e Rafael Rodríguez. En concreto, Nicolau detacou que “Galaicos. Un pobo entre dous mundos” demostra que na época castrexa “o que estaba lonxe da cultura e do comercio non era a costa atlántica, senón que o que estaba lonxe era o centro peninsular da meseta”.  Tamén afondou nesta tese Rodríguez, quen manifestou que “foron as pedras e tamén a terra que extraemos das nosas escavacións as que falaron e transformaron todas aquelas teorías que coñecíamos”, ata o punto de que traballo realizado nos xacementos da provincia, sobre todo a partir do ano 2.000, permitiu sacar á luz o carácter estratéxico da provincia de Pontevedra na prehistoria e antigüidade.
“Galaicos. Un pobo entre dous mundos” chega a Madrid co obxectivo de reivindicar unha das culturas máis orixinais e creativas da Idade de Ferro do Occidente de Europa. Desde o 31 de outubro e ata o mes de febreiro, o Museo Arqueolóxico Nacional en Madrid acollerá esta mostra itinerante da Deputación de Pontevedra que percorrerá os principais museos españois ao longo do próximo ano.
A Deputación de Pontevedra seleccionou “Galaicos” como nome da exposición por facer referencia á denominación coa que a civilización romana denominaba aos pobos que habitaban no Noroeste peninsular. Xunto a Galaicos, “Un pobo entre dous mundos” reivindica o carácter da provincia de Pontevedra como bisagra entre o mundo Mediterráneo e o Atlántico e que converten a este pobo nunha das arquitecturas da Idade de Ferro máis espectaculares e mellor conservadas da Península Ibérica.
Os comisarios da mostra, Rafael Rodríguez e Antoni Nicolau, configuraron unha exposición a modo de viaxe, iniciándose a través dun audiovisual que establece a conexión entre a cultura atlántica y a mediterránea ao longo da prehistoria e historia antiga. Posteriormente, “Galaicos. Un pobo entre dous mundos” artéllase arredor de cinco ámbitos cronolóxicos: Campesiños e guerreiros. Idade do Bronce Final (1.500 -800 a.C.); Poboados fortificados da primeira Idade do Ferro (800-400 a.C.); O Atlántico ábrese ao Mediterráneo (400 -19 a.C.); Na esfera de Roma: Gallaecia (séculos I-III) e a provincia de Gallaecia (finais do século IV-século VI).  
En cada un destes ámbitos inclúese un texto introdutorio coas claves do período histórico; obxectos representativos de cada etapa como o casco de Leiro, a estela de guerreiro de Castrelo do Val, o puñal da Lanzada, a diadema de Elviña, a ara do Monte do Facho ou o brazalete de Meis; e datos de xacementos arqueolóxicos como A Cabeciña, Penalba, A Lanzada, Santa Trega, Monte do Castro, Castro de Alobre, Castrolandín, Monte do Facho, Toralla, Salinas de Vigo, Adro Vello. Para finalizar, a exposición proxecta un audiovisual concibido como unha viaxe pola paisaxe e patrimonio a través dos xacementos arqueolóxicos da provincia de Pontevedra. 
Ao longo do percorrido de “Galaicos. Un pobo entre dous mundos” é posible ver 65 obxectos arqueolóxicos, réplicas, imaxes e fotografías, así como 21 ilustracións, textos e recursos audiovisuais. En concreto, a exposición presenta dous audiovisuais, sete proxeccións asociadas a obxectos do mundo atlántico e mediterráneo que aparecen en xacementos galaicos, así como 24 vitrinas que ocupan 210 metros cadrados de exposición. Ademais, para a súa posta en marcha a Deputación de Pontevedra contou coa participación de 10 museos galegos e de comunidades limítrofes e 12 empresas implicadas.
“Galaicos. Un pobo entre dous mundos” presenta pezas inéditas das intervencións arqueolóxicas nas que está traballando a Deputación de Pontevedra en colaboración co Ministerio de Fomento. A mostra tamén conseguiu sacar á luz pezas que nunca tiñan saído de museos como o de Pontevedra e outros moitos elementos que levan máis de 15 anos sen abandonar o museo no que están depositados.

A Deputación de Pontevedra concibiu a exposición de forma itinerante de tal modo que, desde Madrid, o punto de partida, viaxará ata o Mediterráneo, concretamente a Valencia, e tamén ata o Sur, a Xaén, para regresar finalmente ao Museo de Pontevedra. Deste modo, o percorrido itinerante da mostra pretende transmitir a principal idea da exposición: a civilización galaica como confluencia de tradicións culturais e comerciais entre o mundo Atlántico e o Mediterráneo.


Share:


ARCHIVO RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Edición 15 de Rías Baixas Tribuna ya está en puertas

La edición 15, edición impresa de RÍAS BAIXAS TRIBUNA está siendo ya elaborada desde este lunes. Temas de máximo interés están en la planill...


LOS MÁS POPULARES EN UN AÑO

RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Buscar en RÍAS BAIXAS TRIBUNA

O noso peixe é de fiar

Empresas y autónomos confian

Empresas y autónomos confian
Gestradoc también obsequia a sus clientes con un ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Apuesta por el mejor vino blanco

Galicia, tes que vivila

Galicia, tes que vivila

En Zaragoza, 14 - Vigo

En Zaragoza, 14 - Vigo
recoge aquí tu ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA, obsequio de este establecimiento hasta agotar existencias

Para ir a las islas atlánticas...

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Desde el corazón de Galicia

Nuestras ediciones impresas

Nuestras ediciones impresas

Galicia é Calidade

Nuestra última edición impresa

Nuestra última edición impresa

Newsletter

Translate