31 oct. 2018

Finalmente : teremos unha guía galega de intervención en espazos públicos

GALICIA CONTARÁ CUNHA GUÍA DE INTERVENCIÓN QUE ESTABLECERÁ OS CRITERIOS BÁSICOS DE APLICACIÓN NO DESEÑO, NA ELECCIÓN DE MATERIAIS E NAS FORMAS DE EXECUCIÓN DOS ESPAZOS PÚBLICOS. O presidente da Xunta refere que a guía establecerá os criterios básicos de aplicación no deseño, na elección de materiais e nas formas de execución e permitirá escoller as solucións que ofrezan unha mellor adaptación ás características do territorio. Indica que o obxectivo é que as actuacións nos espazos públicos non se produzan de maneira coxuntural, senón que estén definidos os criterios básicos de aplicación.

Compostela (RBT). O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe, na rolda de prensa do Consello, a aprobación da sinatura dun convenio de colaboración entre a Fundación Juana de Vega e o Instituto de Estudos do Territorio para a redacción da guía de intervención en espazos públicos. 
Unha guía que, segundo explicou, establecerá os criterios básicos de aplicación no deseño, na elección de materiais e nas formas de execución. E que permitirá escoller –entre as múltiples solucións existentes– aquelas que ofrezan unha mellor adaptación ás características peculiares do noso territorio; que cumpran cos requisitos de sustentabilidade e preservación do medio; e que aseguren unha viabilidade técnica e económica, particularmente no que respecta ás labores de mantemento.
Trátase de que as actuacións nos espazos públicos non se produzan de maneira coxuntural, sen un patrón ou un marco conxunto de planificación, senón que haxa guía de intervención na que queden reflectidos e definidos todos os criterios básicos de aplicación. Segundo o titular do Goberno galego, esta guía dividirase en varias partes.
No tocante á primeira parte, de análise e diagnóstico, Feijóo explicou que esta conterá: unha revisión dos estudos máis salientables sobre criterios e solucións de intervención en espazos públicos, analizando a súa aplicabilidade en Galicia; unha identificación e caracterización da tipoloxía de espazos públicos, como prazas, parques ou xardíns; unha descrición da súa relación coa paisaxe; e o estudo das características que definen cada un dos tipos, como pavimentos, mobiliario e incidencia do tráfico, entre outros.

A segunda parte da guía incluirá as medidas e os criterios de integración e minimización de impactos paisaxísticos para a intervención en espazos públicos: accesibilidade, seguridade e hixiene; redución do consumo de materiais, enerxía e residuos; prioridade do tránsito peonil e non motorizado sobre o motorizado; ou prioridade do transporte colectivo fronte ao vehículo individual. E, a terceira parte da guía definirá os modelos e propostas de intervención para cada tipo de espazo público.



Share:


ARCHIVO RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Edición 15 de Rías Baixas Tribuna ya está en puertas

La edición 15, edición impresa de RÍAS BAIXAS TRIBUNA está siendo ya elaborada desde este lunes. Temas de máximo interés están en la planill...


LOS MÁS POPULARES EN UN AÑO

RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Buscar en RÍAS BAIXAS TRIBUNA

O noso peixe é de fiar

Empresas y autónomos confian

Empresas y autónomos confian
Gestradoc también obsequia a sus clientes con un ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Apuesta por el mejor vino blanco

Galicia, tes que vivila

Galicia, tes que vivila

En Zaragoza, 14 - Vigo

En Zaragoza, 14 - Vigo
recoge aquí tu ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA, obsequio de este establecimiento hasta agotar existencias

Para ir a las islas atlánticas...

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Desde el corazón de Galicia

Nuestras ediciones impresas

Nuestras ediciones impresas

Galicia é Calidade

Nuestra última edición impresa

Nuestra última edición impresa

Newsletter

Translate