26 oct. 2018

Feijóo defende a coherencia e cumprimento da palabra do PP fronte aos que só teñen como prioridade manterse nos seus cargos.

Di que mentres que os que gobernan perdendo eleccións se deben aos seus socios, “outros somos libres para só debernos aos nosos veciños”. Feijóo defende a coherencia e cumprimento da palabra do PP fronte aos que só teñen como prioridade manterse nos seus cargos. Lembra que Galicia está no trámite para aprobar as contas en tempo e forma mentres en España seguen coas “tretas” que apostan por máis déficit, débeda e impostos. Indica que tras máis de tres anos nos que os veciños xa non esperan nada, o PP do Porriño debe dar unha resposta á altura, escoitándoos e aportando solucións 

O PORRIÑO.- O presidente dos populares galegos, Alberto Núñez Feijóo, defendeu esta tarde a coherencia e o cumprimento da palabra que si demostra o PP fronte aos que teñen como prioridade manterse nos seus cargos. Así se expresaba na presentación do candidato popular á Alcaldía do Porriño, Alejandro Lorenzo. 
Durante o seu discurso, destacou que a política non se trata de chegar canto antes e de calquera forma senón que se trata dunha carreira de fondo que merece a pena cando se consegue construír entre todos un concello ou unha autonomía fortes, así como por todo o que se pode facer polos veciños. 
Ademais, amosou as diferenzas entre os que gañan as eleccións e son coherentes con aqueles aos que todo lles da igual e confunden o que debera ser o inicio coa meta: “Ao inicio da lexislatura eles din chegamos e, ao final, os veciños pregúntanse para que”, dixo.

Por este motivo lamentou que esta situación non só se limita ao Concello do Porriño, senón que tamén se sofre en España, onde os partidos que hoxe gobernan dependen máis das ocorrencias dos seus socios de goberno que das demandas e necesidades dos cidadáns; atrévense a dar leccións de democracia malia non ser os máis votados; e presumen de ser exemplares cando só conseguen ser exemplo de non cumprir o que prometen.
Feijóo lembrou tamén que hai dúas formas de chegar ao Goberno: tras gañar as eleccións e superar a sesión de investidura ou tras perder os comicios, xuntarse entre os perdedores para desbancar aos gañadores e superar así a sesión de investidura. “Ambas opcións son legais e lexítimas pero mentres uns se deben por riba de calquera outra cousa aos socios, outros somos libres para só debernos aos nosos veciños”, manifestou.
Nese senso, evidenciou como o presidente do Goberno observa impasible ao líder de Podemos promocionar e negociar os Presupostos do Estado no seu nome, con calquera e en calquera circunstancia, amosando que “a súa prioridade é manter o cargo, non manter a dignidade do país que ten que presidir e nin tan sequera a súa propia”.
Igualmente contrapuxo a situación dos presupostos na nosa Comunidade e no conxunto do Estado, xa que mentres en Galicia estase no trámite para aprobar as contas en tempo e forma; en España “sáltanse todas as formas para levar a cabo as súas tretas”, cunha proposta baseada en máis déficit, máis débeda e máis impostos. “Un plaxio das peores experiencias xa vividas”, engadiu.

O PASO ADIANTE DO PORRIÑO
Na súa intervención, Feijóo pediu ao populares compromiso, traballo, e que sigan escoitando aos cidadáns, xa que os veciños do Porriño merecen un Concello que atenda as súas demandas. “Vimos dunha lexislatura de desencontros entre os partidos e nós temos que ser un punto de encontro para todos aqueles que xa están cansos disto”, aseverou.
Neste sentido, recoñeceu que se espera moito máis dos populares que dos demais, pero afirmou que isto non é inxusto, senón “unha honra e unha responsabilidade”. Por iso e porque despois de máis de tres anos os porriñeses  xa non esperan nada do Concello, o PP debe dar unha resposta á altura, escoitándoos, aportando solucións e estando aí sempre.

Tras recordar que nas pasadas eleccións o PP quedou a un concelleiro da maioría absoluta, subliñou que os populares están “a un paso”, poñendo en valor o traballo de Alejandro Lorenzo e remarcando que hai que avanzar para que haxa un concello que estea á altura do tecido socioecómico da localidade. “Ese paso adiante non só será o do candidato e o do partido senón que será despois das próximas eleccións municipais o paso adiante do Porriño: de todo un pobo”, sentenciou.


Share:


ARCHIVO RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Edición 15 de Rías Baixas Tribuna ya está en puertas

La edición 15, edición impresa de RÍAS BAIXAS TRIBUNA está siendo ya elaborada desde este lunes. Temas de máximo interés están en la planill...


LOS MÁS POPULARES EN UN AÑO

RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Buscar en RÍAS BAIXAS TRIBUNA

O noso peixe é de fiar

Empresas y autónomos confian

Empresas y autónomos confian
Gestradoc también obsequia a sus clientes con un ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Apuesta por el mejor vino blanco

Galicia, tes que vivila

Galicia, tes que vivila

En Zaragoza, 14 - Vigo

En Zaragoza, 14 - Vigo
recoge aquí tu ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA, obsequio de este establecimiento hasta agotar existencias

Para ir a las islas atlánticas...

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Desde el corazón de Galicia

Nuestras ediciones impresas

Nuestras ediciones impresas

Galicia é Calidade

Nuestra última edición impresa

Nuestra última edición impresa

Newsletter

Translate