6 oct. 2018

El Tiempo. El otoño se va abriendo paso a codazos a partir de este fin de semana

SÁBADO
O sábado unha fronte fría chegará a Galicia, con entrada de aire frío que levará a un significativo descenso das temperaturas. Con esta situación, durante as primeiras horas do día os ceos estarán parcialmente cubertos e co avance da xornada comezarán as chuvias que se estenderán de norte a sur. As temperaturas descenderán, especialmente as máximas que sufrirán un notable descenso. Os ventos soprarán frouxos no interior, moderados na costa, do sudoeste pola mañá, do norte pola tarde tralo paso da fronte, rolando a nordés pola noite.
DOMINGO
O domingo Galicia irá recuperando progresivamente a influencia anticiclónica. Con esta situación, agárdanse ceos con alternancia de nubes e claros pola mañá, predominando os ceos despexados pola tarde. As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso, mentres que as máximas continuarán sen cambios. Os ventos soprarán do nordés, moderados en xeral.
LUNES
Durante o luns agárdase influencia anticiclónica sobre Galicia con circulación do leste. Con esta situación, teremos ceos pouco anubrados ou despexados ou con algunhas nubes altas. As temperaturas estarán en lixeiro ascenso. Os ventos soprarán de compoñente leste, frouxos en xeral, con intervalos de moderado no litoral norte.

(Pronósticos de METEOGALICIA



Páginas