2 oct. 2018

El conselleiro Conde vuelve a incidir sobre la Formación, como la mejor inversión que pueden hacer las empresas

CONDE VE NA FORMACIÓN O MELLOR INVESTIMENTO QUE PODEN FACER AS EMPRESAS PARA AFRONTAR OS RETOS DA INDUSTRIA 4.0 E ANTICIPARSE AO EMPREGO QUE VÉN
  • O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, inaugurou esta mañá, na Cidade da Cultura, a xornada O emprego do futuro
  • Destaca que o novo paradigma económico favorecerá o nacemento de novas profesións que aínda non existen
  • A Xunta e a Universidade de Santiago asinarán un acordo para a análise e o seguimento do impacto da automatización na economía galega
  • A Xunta aposta pola formación adaptada ás necesidades da sociedade e das empresas a través de programas como as Unidades Formativas, os plans específicos para o naval, a automoción e o forestal ou os obradoiros duais
COMPOSTELA -  O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, asegurou esta mañá en Santiago de Compostela, durante a inauguración da xornada O emprego do futuro, que a formación é o mellor investimento que poden facer as empresas galegas para afrontar os retos da Industria 4.0 e anticiparse, así, ao emprego que vén.
Esta xornada, na que participaron expertos que analizaron as tendencias do futuro mercado laboral ou as principais demandas profesionais das empresas, tiña como obxectivo poñer sobre a mesa as principais oportunidades de traballo que a 4ª revolución industrial, ligada á dixitalización e a automatización, vai ofrecer.
Na súa intervención o conselleiro insistiu na necesidade de que empresas e profesionais se aliñen para afrontar estes novos retos e de que as Administracións e institucións académicas ofrecen as ferramentas que permitan dar resposta ás demandas tanto da sociedade como das empresas e garantir a empregabilidade dos galegos e galegas a través da formación en novos perfís profesionais. Neste sentido, asinarase proximamente un acordo entre a Xunta e a Universidade de Santiago para a análise e seguimento do impacto da automatización na economía galega.
Ademais, o conselleiro insistiu na necesidade de apostar por unha formación continua e dual que permita contar con traballadores cualificados. Por este motivo, o Goberno galego conta con medidas que van neste camiño, cunha formación adaptada e á carta. Así enumerou programas como as Unidades Formativas, os plans específicos para o naval, a automoción ou o forestal ou os obradoiros duais. Iniciativas que se complementan con outras que pretenden potenciar e captar talento para o ecosistema innovador galego.
Conde finalizou instando a Administración, empresas, institucións académicas e traballadores a deseñar unha estratexia común que permita a Galicia adaptarse ao novo paradigma con profesionais capaces de afrontar os novos retos.

El conselleiro Conde, en un momento de su intervención


Páginas