30 oct. 2018

Deputación y Concello de Marín repasan las actuaciones que se llevan a cabo en la localidad de O Morrazo

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, visitou xunto a alcaldesa de Marín, María Ramallo, dúas das obras subvencionadas pola institución provincial ao abeiro do Plan Concellos. En concreto, as actuacións que supervisou a presidenta foron a humanización da rúa Concepción Arenal, obra xa rematada, e a renovación do parque infantil en Eguren, que iniciarase proximamente.
En canto á humanización da rúa Concepción Arenal, esta actuación recibiu unha achega da Deputación de Pontevedra de 237.153,03 euros. A obra, financiada a través do Plan Concellos 2017, consistiu na ampliación das beirarrúas, a renovación de redes de renovación de redes de pluviais e de saneamento, colocación de novos sumidoiros, pozos de rexistro, acometidas domiciliarias e alumeado. Amais tamén colocouse mobiliario urbano novo.Sobre esta obra, Carmela Silva resaltou que “é unha obra que cumpre coa demanda da cidadanía de recuperar o espazo público. É importante que os peóns recuperen o espazo que ata fai uns anos só tiñan como protagonistas os vehículos”.
Pola súa banda, no Parque Eguren vaise levar a cabo a instalación dun novo parque infantil de recreo cun investimento da Deputación de Pontevedra de 161.472,08 euros con cargo ao Plan Concellos 2018. Sobre esta importante obra, Carmela Silva sinalou que “deste parque van poder desfrutar moito tanto os nenos e nenas da vila como os seus pais e nais, que poderán gozar dun espazo con seguridade e tranquilidade”. Amais, apuntou que “os espazos para a rapazada hoxe en día son limitados e deben crecer con certa independencia". 
Para rematar, sobre o Plan Concellos 2018, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, anunciou que “o vindeiro luns, en Xunta de Goberno, aprobaremos a última partida deste Plan para Marín, que este ano recibiu 1.772.748,51  euros, o que supón un incremento do 72,5% con respecto ao exercicio anterior”. Máis polo miúdo, explicou que esta última partida será de máis de 200.000 euros e servirá para pavimentar diferentes viarios rurais da vila.Amais desta última achega e da renovación do Parque Eguren este ano, a través da Liña 1 do Plan Concellos, Marín tamén contou co financiamento do acondicionamento do viario de praias a San Blas, por importe de 41.726,08 euros; da mellora e renovación do alumeado público en A Brea-Ameal, por 49.168,36 €; do sistema de retención e desbaste automático de sólidos no bombeo e augas residuais de Loira, por 90.606,69 €; da pavimentación dos accesos á barriada de San Pedro, por 89.752,16 €, e a humanización da rúa Inferniño, entre o camiño do Cemiterio Vello e a rúa Concepción Arenal, por 299.695,67 €.En canto á Liña 3 o concello de Marín recibiu 106.004,16 euros para a contratación de 16 traballadores e traballadoras: 13 persoas para o persoal de obras e 3 para conserxería. Ao fío dos investimentos da Deputación de Pontevedra, a Presidenta tamén subliñou durante a súa visita que “nos tres de anos de lexislatura o goberno destinou ao concello de Marín case 5,5 millóns de euros”.


Share:


ARCHIVO RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Edición 15 de Rías Baixas Tribuna ya está en puertas

La edición 15, edición impresa de RÍAS BAIXAS TRIBUNA está siendo ya elaborada desde este lunes. Temas de máximo interés están en la planill...


LOS MÁS POPULARES EN UN AÑO

RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Buscar en RÍAS BAIXAS TRIBUNA

O noso peixe é de fiar

Empresas y autónomos confian

Empresas y autónomos confian
Gestradoc también obsequia a sus clientes con un ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Apuesta por el mejor vino blanco

Galicia, tes que vivila

Galicia, tes que vivila

En Zaragoza, 14 - Vigo

En Zaragoza, 14 - Vigo
recoge aquí tu ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA, obsequio de este establecimiento hasta agotar existencias

Para ir a las islas atlánticas...

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Desde el corazón de Galicia

Nuestras ediciones impresas

Nuestras ediciones impresas

Galicia é Calidade

Nuestra última edición impresa

Nuestra última edición impresa

Newsletter

Translate