7 oct. 2018

Convocatoria -de becas de estudios- del Concello de Arbo

O Concello de Arbo, en colaboración coa Fundación “Segundo Gil Dávila”, CONVOCA DEZ AXUDAS DE ESTUDOS DE  500,00€ cada unha. 
Poderán solicitar esta axuda aqueles mozos e mozas, que realicen estudos universitarios no  presente curso 2.018/2.019  e que cumpran os seguintes requisitos:  
a) Estar empadroado no Concello cun ano de anterioridade ao momento en que se solicita a beca.
b) Non estar en posesión ou non reunir os requisitos legais para a obtención dun título do mesmo ou superior nivel ao correspondente ao dos estudos para os que se solicita a beca. A estes efectos, non poderán ser beneficiarios de beca aqueles estudantes aos que unicamente lles reste, para a obtención do título, a acreditación dun determinado nivel de coñecementos dun idioma estranxeiro.
b)  Estar matriculado nalgunha das ensinanzas universitarias do sistema educativo español para obter un título universitario oficial.
c) No caso do Master, só se terán en conta aqueles que habilitan para o exercicio profesional. 
d) Non atoparse incurso nalgunha das prohibicións establecidas no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.
A Instancia de solicitude dirixirase ó Sr. Alcalde - Presidente do Concello de Arbo, acompañada da documentación establecida nas  Bases da convocatoria ( a disposición dos solicitantes nas Oficinas Municipais e na páxina  Web). 

O prazo de presentación estará aberto dende o día  2  ata o día  30  de Outubro de 2018.


Páginas