30 oct. 2018

Comarcas. Actualidad en Bueu

Bueu
O ARTISTA CRISTÓBAL GABARRÓN GABARRÓN CLAUSUROU AS EXPOSICIÓNS DA ‘RUTA POLOS DEREITOS HUMANOS’ EN BUEU
En diversos espazos  da vila estiveron expostos un total de 239 debuxos elaborados polos nenos e nenas participantes no taller de Cristóbal Gabarrón impartido o pasado setembro
O artista internacional Cristóbal Gabarrón participou este luns no acto de clausura das exposicións da ‘Ruta polos Dereitos Humanos’ que se celebrou na Sala de Exposicións Amalia Domínguez Búa de Bueu e no que tamén estiveron presentes Xosé Leal, concelleiro e deputado de cultura, Carmen Santos, representante da Asociación Veciñal da Banda do Río, Marc Taeger, ilustrador local, e as concelleiras Macu Rodríguez, encargada de mocidade e infancia, e Teresa López, de ensino e sanidade. 
Leal salientou que “foi un traballo complexo, que serviu de aprendizaxe e tras o que a asociación medrou”, ademais de que “grazas a Gabarrón os rapaces e rapazas bueueses son protagonistas no mapa dos dereitos humanos”. A mostra permitiu que ao longo destas últimas semanas uns 239 debuxos elaborados por nenos e nenas de entre 4 e 14 anos estiveran expostos en lugares públicos, a fin de fomentar a reflexión da cidadanía xustamente cando se conmemoran os setenta anos da Declaración Universal de Dereitos Humanos. 
Gabarrón mostrouse “moi satisfeito e enganchado a todo o traballo feito en Bueu, xa que se demostra que a xente que se une chega a calquera sitio”. E máis cando os debuxos expostos foron realizados durante o taller impartido polo artista o 29 de setembro xunto ao Estaleiro da Banda do Río. Así, na Sala Domínguez Búa estiveron un total de 32 debuxos sobre persoeiros relacionados cos dereitos (17), lemas e achegas aos dereitos humanos (9), e dereito de asociación (6); no salón de plenos da Casa Consistorial, os 12 debuxos versaron sobre o dereito á liberdade; na Praza de Abastos, os 35 debuxos reflexionaron sobre a igualdade; na entrada do Centro Social do Mar puideron verse 32 debuxos que tratan sobre o dereito á vivenda (19) e o dereito á libre circulación (13); no Museo Massó dispuxeron de 11 debuxos sobre o dereito ao asilo /as guerras; no Estaleiro da Banda do Río estiveron dispoñibles 38 debuxos sobre o dereito ao traballo (10) e a natureza (28); o Centro de Saúde, contou con 10 debuxos sobre o dereito á sanidade; e por último, os centros educativos tiveron debuxos sobre o dereito ao ensino, ao ocio e á familia. Concretamente, o CEIP A Pedra e o CPR Virxe Milagrosa expuxeron vinte debuxos, e o CEIP Montemogos de Beluso e CEIP A Torre de Cela, quince. 
Esta actividade organizouse de xeito conxunto pola Asociación Veciñal da Banda do Río, a Fundación Cristóbal Gabarrón, o Concello de Bueu e a Deputación de Pontevedra. 

BUEU EN NEGRO

Desde a concellaría de igualdade de Bueu, dirixida por Ana Isabel Otero, convidan aos establecementos comerciais da vila a participar na campaña ‘Bueu en negro’, á que o Concello se vén de adherir co gallo do 25 de novembro, Día Internacional de Non Violencia Contra as Mulleres, xunto a outros noventa concellos galegos.  Así, o que se propón é que os locais se vistan de loito en sinal de dor polas vítimas mortas e as que viven e están a sufrir a violencia machista. Por iso, e dado que os locais comerciais teñen o protagonismo, convídase a que entre o 19 e o 25 de novembro transmitan a través do seu escaparate a mensaxe ‘Queremos Bueu libre de violencias machistas!”.





Share:


ARCHIVO RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Edición 15 de Rías Baixas Tribuna ya está en puertas

La edición 15, edición impresa de RÍAS BAIXAS TRIBUNA está siendo ya elaborada desde este lunes. Temas de máximo interés están en la planill...


LOS MÁS POPULARES EN UN AÑO

RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Buscar en RÍAS BAIXAS TRIBUNA

O noso peixe é de fiar

Empresas y autónomos confian

Empresas y autónomos confian
Gestradoc también obsequia a sus clientes con un ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Apuesta por el mejor vino blanco

Galicia, tes que vivila

Galicia, tes que vivila

En Zaragoza, 14 - Vigo

En Zaragoza, 14 - Vigo
recoge aquí tu ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA, obsequio de este establecimiento hasta agotar existencias

Para ir a las islas atlánticas...

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Desde el corazón de Galicia

Nuestras ediciones impresas

Nuestras ediciones impresas

Galicia é Calidade

Nuestra última edición impresa

Nuestra última edición impresa

Newsletter

Translate