30 oct. 2018

Camino portugués y su variante costera cobran relieve en Braga con exposición en 3D

O CAMIÑO PORTUGUÉS E A SÚA VARIANTE COSTEIRA DIFÚNDENSE ATA DECEMBRO EN BRAGA COA EXPOSICIÓN EN 3D ‘DE MAR A MAR’ Con esta mostra itinerante, a Consellería de Cultura e Turismo vén impulsando durante todo o ano ambos itinerarios en diferentes puntos de Galicia e PortugalNo marco do Plan director do Camiño de Santiago, a Xunta dedica 2018 a estas rutas xacobeas, coa súa mellora, sinalización, promoción e dinamizaciónAmbas están a vivir nos últimos anos unha notable evolución e aglutinan aproximadamente ao 25% dos peregrinos que chegan a Galicia
Braga.- A cidade portuguesa de Braga acolle desde hoxe e ata principios de decembro a exposición itinerante De mar a mar, como parte da programación do Ano do Camiño Portugués e do Camiño Portugués da Costa que a Consellería de Cultura e Turismo está a celebrar durante todo este 2018, como establece o Plan director do Camiño de Santiago.
A mostra está composta por imaxes de grandes dimensións en 3D, realizadas coa técnica estereográfica, que retratan o patrimonio, as paisaxes e aos propios peregrinos tanto do Camiño Portugués e do Camiño Portugués da Costa como do Camiño Inglés e do Camiño de Fisterra e Muxía, as catro rutas nas que o Plan director do Camiño de Santiago vén priorizando os investimentos nestes dous últimos anos coa vista no Xacobeo 2021.
Con esta exposición, o Goberno autonómico promove durante todo o ano o Camiño Portugués e o Camiño Portugués da Costa en diferentes puntos tanto de Galicia como do país veciño. Enmárcase nas accións de dinamización sociocultural que se están a levar a cabo en diferentes localidades de ambos itinerarios onde xa estivo presente esta mostra, como Pontevedra, Padrón, Coímbra ou Caldas de Reis.
De Mar a Mar poderá verse ata o 9 de decembro na sala de exposición do Centro Interpretativo da Memória da Misericordia de Braga, situada no Palacio do Raio, de martes a sábados de 10,00 a 13,00 horas e de 14,30 a 18,30 horas. 

Sinerxías con Portugal
A inauguración de De Mar a Mar en Braga contribúe a seguir establecendo sinerxías entre Galicia e Portugal e alíñase con iniciativas como o proxecto europeo Fazer Caminho, que aspira a consolidar o Camiño de Santiago na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal e impulsar o seu aproveitamento sustentable como un recurso cultural e natural transfronteirizo capaz de xerar actividades que contribúan ao seu desenvolvemento. 

Tanto o Camiño Portugués como o Camiño Portugués da Costa están a vivir unha moi positiva evolución nos últimos anos. Xuntos aglutinan aproximadamente o 25% dos peregrinos que chegan a Santiago de Compostela. O Camiño Portugués é na actualidade  o segundo itinerario preferido e o Camiño Portugués da Costa o sexto. No que vai de ano, percorréronos máis de 65.000 e máis de 13.000 peregrinos respectivamente. 

Palacio do Raio, lugar de la exposición en 3D (imagen de Braga Cool)


Share:


ARCHIVO RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Edición 15 de Rías Baixas Tribuna ya está en puertas

La edición 15, edición impresa de RÍAS BAIXAS TRIBUNA está siendo ya elaborada desde este lunes. Temas de máximo interés están en la planill...


LOS MÁS POPULARES EN UN AÑO

RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Buscar en RÍAS BAIXAS TRIBUNA

O noso peixe é de fiar

Empresas y autónomos confian

Empresas y autónomos confian
Gestradoc también obsequia a sus clientes con un ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Apuesta por el mejor vino blanco

Galicia, tes que vivila

Galicia, tes que vivila

En Zaragoza, 14 - Vigo

En Zaragoza, 14 - Vigo
recoge aquí tu ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA, obsequio de este establecimiento hasta agotar existencias

Para ir a las islas atlánticas...

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Desde el corazón de Galicia

Nuestras ediciones impresas

Nuestras ediciones impresas

Galicia é Calidade

Nuestra última edición impresa

Nuestra última edición impresa

Newsletter

Translate