26 oct. 2018

Avanzan estratexia galega para a atención a persoas en situación de cronicidade

GALICIA CONTARÁ CUNHA ESTRATEXIA PARA A ATENCIÓN A PERSOAS EN SITUACIÓN DE CRONICIDADE PARA EVITAR A PROGRESIÓN DESTAS ENFERMIDADES CARA A ESTADIOS MÁIS COMPLEXOS.
  • Di Feijóo que a súa implantación será progresiva, comezando polos 21.000 pacientes galegos inmobilizados. Salienta que será un modelo máis coordinado e innovador, que integrará todos os programas específicos que se veñen desenvolvendo nos últimos anos. 
Santiago de Compostela. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe a futura implantación dunha Estratexia galega para a atención a persoas en situación de cronicidade co obxectivo de poder realizar un seguimento máis completo e pormenorizado destes pacientes e evitar a progresión das enfermidades crónicas cara a estadios máis complexos.
Será un modelo máis coordinado e innovador, que integrará todos os programas específicos que se veñen desenvolvendo nos últimos anos, e cuxa implantación será progresiva. Comezando por aquelas enfermidades máis prevalentes e polos pacientes afectados por varias condicións crónicas, concretamente os 21.000 pacientes galegos inmobilizados que están en situación de vulnerabilidade.
Durante a súa intervención, Feijóo tamén detallou cal será o funcionamento deste modelo. Así, sinalou que en primeiro lugar se incluirá a estes pacientes nun programa de atención á cronicidade. En segundo termo, dixo, designarase a un profesional da enfermaría ou facultativo ou a un equipo sanitario que actúe como interlocutor cos pacientes e os seus familiares. Posteriormente, explicou, realizarase unha avaliación das necesidades personalizadas de cada paciente. 
E, finalmente, elaborarase un Plan individualizado de acción Integral (PIAI) consensuado co paciente e/ou as persoas encargadas do seu coidado. O dito plan, que constituirá unha das principais novidades da Estratexia, recollerá á súa vez os plans terapéuticos e os obxectivos asistenciais, será xestionado polo persoal de referencia asignado e outorgará protagonismo ao paciente en todo o proceso de toma de decisións situándoo no centro de toda a estratexia.

En definitiva, concluíu, esta estratexia permitirá seguir mellorando o coidado, seguimento e autonomía destes pacientes en situación de cronicidade que precisan dunha atención sanitaria e social moi concreta.




Share:


ARCHIVO RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Edición 15 de Rías Baixas Tribuna ya está en puertas

La edición 15, edición impresa de RÍAS BAIXAS TRIBUNA está siendo ya elaborada desde este lunes. Temas de máximo interés están en la planill...


LOS MÁS POPULARES EN UN AÑO

RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Buscar en RÍAS BAIXAS TRIBUNA

O noso peixe é de fiar

Empresas y autónomos confian

Empresas y autónomos confian
Gestradoc también obsequia a sus clientes con un ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Apuesta por el mejor vino blanco

Galicia, tes que vivila

Galicia, tes que vivila

En Zaragoza, 14 - Vigo

En Zaragoza, 14 - Vigo
recoge aquí tu ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA, obsequio de este establecimiento hasta agotar existencias

Para ir a las islas atlánticas...

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Desde el corazón de Galicia

Nuestras ediciones impresas

Nuestras ediciones impresas

Galicia é Calidade

Nuestra última edición impresa

Nuestra última edición impresa

Newsletter

Translate