26 oct. 2018

Antía Cal e María Xosé Queizán comparten o "Premio Otero Pedrayo"

A Coruña. O Premio Otero Pedrayo recoñece, ex aequo, o labor a prol da cultura e a galeguidade da pedagoga Antía Cal e da escritora María Xosé Queizán. No xurado, que o concedeu por unanimidade reunido hoxe ao mediodía no Pazo de Mariñán, participaron o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; e o director xeral de Políticas Culturais, Anxo Lorenzo. O galardón, creado en 1977 e dotado con 16.000 euros, promóveno a Xunta de Galicia e mais as catro deputacións provinciais cos obxectivos de perpetuar a memoria de Ramón Otero Pedrayo, recoñecer o labor de contribución á cultura e aos valores propios de Galicia e as obras que leven ao esclarecemento e á mellora da súa cidadanía e institucións.

Dúas mulleres de ampla contribución á cultura e á galeguidade
O xurado do Premio Ramón Otero Pedrayo, convocado na súa edición 2017 pola Deputación da Coruña, concedeulles, por unanimidade e ex aequo, o galardón a dúas mulleres de ampla contribución á cultura galega e á galeguidade.

Antía Cal (A Habana, 1923), pedagoga, fundou en 1961, canda o seu home, o oftalmólogo galeguista Antón Beiras, o Colexio Rosalía de Castro de Vigo e marcou todo un fito no movemento de renovación pedagóxica de Galicia, xa que este centro se converteu inmediatamente nun foco de irradiación progresista de novas tendencias pedagóxicas e sensibilización galeguista, desde o seu compromiso firme coa formación de xeracións de galegos e galegas.

María Xosé Queizán (Vigo, 1939), escritora, profesora e activista, iniciou nos anos 50 a ampla traxectoria vital e profesional de compromiso coa lingua e cultura propias que desenvolve ata hoxe nas múltiples vertentes da súa vida e obra: ensino, narrativa, ensaio, poesía, tradución, teatro... que fan dela unha polígrafa da cultura galega. Defensora incansable do papel social da muller e iniciadora do movemento feminista galego, reivindica un feminismo único, racionalista e defensor dos valores de liberdade e igualdade. 

Xurado do Premio Ramón Otero Pedrayo 2017

O xurado estivo presidido por Anxo Lorenzo, director xeral de Políticas Culturais da Xunta de Galicia e vicepresidido por Valentín González, presidente da Deputación da Coruña. Tomaron parte nel, como vogais, Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia; Goretti Sanmartín, vicepresidenta da Deputación da Coruña; Pilar García, deputada de Cultura da Deputación de Lugo; Manuel Doval, presidente da Comisión de Cultura da Deputación de Ourense; Xosé Leal, deputado delegado de Cultura da Deputación de Pontevedra; Jesús Varela, adxunto á Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo, en representación da USC; Natalia Caparrini, vicerreitora de Captación de Alumnado, en representación da UVigo; Xosé Ramón Freixeiro, catedrático de Filoloxía Galega, en representación da UDC; Marilar Aleixandre, académica en representación da RAG; Pablo Otero, científico en representación do Instituto Padre Sarmiento; Alfonso Vázquez-Monxardín, secretario da Fundación Otero Pedrayo; catedrática de Filoloxía Galega na UVigo; e por Camiño Noia, Carme Fernández-Pérez, Primitivo Iglesias e Luís G. Tosar, designados, respectivamente, pola Xunta de Galicia e as deputacións da Coruña, Lugo e Ourense como autoridades científicas e literarias. Como secretaria do xurado actuou Mercedes Fernández-Abalat, xefa do servizo de Acción Social, Cultural e Deportes da Deputación da Coruña.

El jurado del premio Otero Pedrayo


Share:


ARCHIVO RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Edición 15 de Rías Baixas Tribuna ya está en puertas

La edición 15, edición impresa de RÍAS BAIXAS TRIBUNA está siendo ya elaborada desde este lunes. Temas de máximo interés están en la planill...


LOS MÁS POPULARES EN UN AÑO

RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Buscar en RÍAS BAIXAS TRIBUNA

O noso peixe é de fiar

Empresas y autónomos confian

Empresas y autónomos confian
Gestradoc también obsequia a sus clientes con un ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Apuesta por el mejor vino blanco

Galicia, tes que vivila

Galicia, tes que vivila

En Zaragoza, 14 - Vigo

En Zaragoza, 14 - Vigo
recoge aquí tu ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA, obsequio de este establecimiento hasta agotar existencias

Para ir a las islas atlánticas...

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Desde el corazón de Galicia

Nuestras ediciones impresas

Nuestras ediciones impresas

Galicia é Calidade

Nuestra última edición impresa

Nuestra última edición impresa

Newsletter

Translate