25 oct. 2018

Abastecimiento de aguas a Vigo : la Xunta pone los puntos sobre las íes

A directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, xunto co delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, expuxo hoxe as medidas para garantir o abastecemento de auga nesta cidade e nos concellos da contorna
A XUNTA SALIENTA QUE A CANTIDADE DE AUGA ACTUALMENTE ENCORADA EN VIGO NON XUSTIFICA UNHA MEDIDA EXTRAORDINARIA COMO A REDUCIÓN DO CAUDAL ECOLÓXICO E INSTA AO CONCELLO A ACTUAR CON URXENCIA NA ETAP PARA SOLUCIONAR OS PROBLEMAS DE CALIDADE
  • Teresa Gutiérrez explica que á actuación na potabilizadora cómpre sumar outras medidas estruturais que mañá abordará a conselleira Ethel Vázquez co secretario de Estado de Medio Ambiente e o alcalde de Vigo e para as que se solicitará a declaración de obras de Interese Xeral do Estado
  • Sinala que a potabilizadora supón un problema incluso cando hai auga, do que é consciente a Administración local, que o ten plasmado nos seus escritos desde o ano 2011 e antes
  • Indica que os estudos de técnicos especialistas en materia hidráulica amosan que o transvase no río Verdugo fallaría no 95% dos anos
  • Explica que a capacidade dos encoros de Eiras e Zamáns están por riba do 60% e o 57% fronte ao 49 e 44% de hai un ano, co que a garantía de abastecemento é alta, aínda que se debe de estar vixiantes
  • Salienta a importancia do caudal ecolóxico como medio para garantir o bo estado dos ecosistemas acuáticos do río e convida ao Concello a participar no proceso de revisión dos valores establecidos, especialmente para o río Oitavén,  no marco da actualización do Plan hidrolóxico da Demarcación Galicia-Costa
A directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, xunto co delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López- Chaves, salientou hoxe nunha rolda de prensa que a cantidade de auga actualmente encorada en Vigo non xustifica unha medida extraordinaria como a redución do caudal ecolóxico e insta ao Concello a actual con urxencia na ETAP para solucionar os problemas de calidade.
Teresa Gutiérrez indicou que o Goberno galego lle trasladou hoxe ao Concello de Vigo esta postura, no marco das medidas para garantir o abastecemento de auga na cidade e os 11 municipios do seu contorno.
Sinalou que o sistema de abastecemento de auga desta comarca ten severas deficiencias que cómpre solucionar mediante medidas estruturais para evitar que se repita o risco de desabastecemento.
Transvase do río Verdugo
Tamén referiuse a que o transvase do río Verdugo deixou de ser unha obra de emerxencia, e que os estudos de técnicos especialistas na materia hidráulica amosan que o transvase no río Verdugo fallaría no 95% dos anos. Con independencia, dixo, de que non existe o consenso necesario entre os concellos e que o Concello de Vigo non achegou o respaldo orzamentario comprometido para executar a obra do río Verdugo.
A directora de Augas de Galicia lembrou que a Xunta, cando houbo problemas conxunturais e unha situación extraordinaria, foi a primeira en querer colaborar na solución con medidas urxentes. Non obstante, puntualizou que actualmente a situación non é extraordinaria, polo que é preciso mellorar a potabilizadora para poder aproveitar moita más auga en condicións de salubridade, actuación de importancia que coñece o Concello de Vigo tal e como o ten plasmado nos seus propios escritos desde o ano 2011 e antes.  
Segundo indicou, a esta actuación na planta potabilizadora de Vigo hai que sumar outras medidas necesarias para incrementar a garantía de abastecemento, e adiantou que mañá se abordarán na xuntanza da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, co secretario de Estado de Medio Ambiente e o alcalde de Vigo.
Subliñou que no encontro de mañá a conselleira tamén lle solicitará ao secretario de Estado a declaración do abastecemento de Vigo como Obra de Interese Xeral do Estado.
Gutiérrez amosou as diferencias entre a situación actual e a vivida en Galicia entre 2016-2017, que derivou na declaración de alerta por seca no mes de decembro pasado. Precisou  que cando o encoro de Eiras estaba ao 38% da capacidade, é dicir, tiña auga para 55 días, a poboación xa non a podía consumir porque a ETAP non era capaz de tratala, e xa nese momento se insistiu na necesidade de actuar tamén na potabilizadora para que Vigo non tivese un problema tamén cando hai auga. 
Na actualidade, subliñou, a situación é moito máis favorable, xa que o encoro de Eiras hai un ano estaba a estas alturas a un 49% da súa capacidade e agora está por riba do 60%, e o de Zamáns, que estaba ao 44%, está ao 57%.
Segundo indicou a directora, con estes niveis de ocupación a garantía de abastecemento é alta, pero hai que estar vixiantes e observar a evolución das precipitacións nas vindeiras semanas e a situación dos encoros, que agora mesmo nin está en prealerta.

Salientou a importancia do caudal ecolóxico como medio para garantir o bo estado dos ecosistemas acuáticos do río e convidou ao Concello a participar no proceso de revisión dos valores establecidos, especialmente para o río Oitavén,  no marco da actualización do Plan hidrolóxico da Demarcación Galicia-Costa.

Share:


ARCHIVO RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Edición 15 de Rías Baixas Tribuna ya está en puertas

La edición 15, edición impresa de RÍAS BAIXAS TRIBUNA está siendo ya elaborada desde este lunes. Temas de máximo interés están en la planill...


LOS MÁS POPULARES EN UN AÑO

RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Buscar en RÍAS BAIXAS TRIBUNA

O noso peixe é de fiar

Empresas y autónomos confian

Empresas y autónomos confian
Gestradoc también obsequia a sus clientes con un ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Apuesta por el mejor vino blanco

Galicia, tes que vivila

Galicia, tes que vivila

En Zaragoza, 14 - Vigo

En Zaragoza, 14 - Vigo
recoge aquí tu ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA, obsequio de este establecimiento hasta agotar existencias

Para ir a las islas atlánticas...

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Desde el corazón de Galicia

Nuestras ediciones impresas

Nuestras ediciones impresas

Galicia é Calidade

Nuestra última edición impresa

Nuestra última edición impresa

Newsletter

Translate