12 oct. 2018

A Comisión Europea vén de elixir a Business Factory Auto como aceleradora de referencia nos premios Startup Europe Awards

A COMISIÓN EUROPEA ELIXE A BFA COMO ACELERADORA DE REFERENCIA NOS PREMIOS STARTUP EUROPE AWARDS
  • Estes galardóns teñen como obxectivo proxectar a nivel europeo as startups e empresas innovadoras de distintas rexións 
  • A BFA, promovida por PSA, CEAGA, o Consorcio Zona Franca e a Xunta, convértese así na primeira aceleradora de automoción de toda Europa que colabora nestes premios organizados pola Comisión Europea e a Fundación Finnova
  • Os proxectos seleccionados desde Galicia poderán competir polo premio á mellor startup de España nas diferentes categorías  
  • A Business Factory Auto outorgará un premio de 5000 euros para a formación e a capacitación dos equipos das compañías galardoadas co obxectivo de apoialos na súa proxección internacional 
  • A BFA, que celebra xa a súa terceira edición, acadou nas dúas convocatorias anteriores a creación de 22 novas empresas que levan xerado 150 postos de traballo e que facturan máis de 10 millóns de euros
COMPOSTELA- A Comisión Europea vén de elixir a Business Factory Auto como aceleradora de referencia nos premios Startup Europe Awards, unha competición internacional organizada pola Comisión Europea e a Fundación Finnova que ten entre os seus obxectivos proxectar a nivel europeo as startups e empresas innovadoras de distintas rexións. A BFA, que impulsan PSA, CEAGA, o Consorcio Zona Franca e a Xunta, convértese así no primeiro socio rexional  vinculado á automoción que colabora nesta iniciativa, tal e como se anunciou na Semana Europea do Comité das Rexións. 

A BFA elixirá as startups galegas que competirán polo premio á mellor startup de España nas diferentes categorías. Outorgaralles un galardón de 5000 euros para formación e poderán acceder a redes europeas ou viaxar á Comisión Europea para coñecer os fondos de apoio a proxectos innovadores. As categorías que optarán a este galardón da Business Factory Auto serán seis: enerxía, Internet das cousas, cidades intelixentes, clima, social, e ciberseguridade. O comité executivo da BFA será o responsable de seleccionar os mellores proxectos de cada unha delas. 


A través desta iniciativa, a aceleradora pretende apoiar aos proxectos participantes na súa proxección internacional. A Business Factory Auto, que está a celebrar xa a súa terceira edición, acadou nas dúas convocatorias anteriores a creación de 22 novas empresas que levan xerado 150 postos de traballo e que facturan máis de 10 millóns de euros. Ademais, o 30% das empresas que participaron nas dúas primeiras edicións xa exportan a outros países. Esta terceira convocatoria, con 20 iniciativas, é a máis internacional, posto que participa un proxecto de Dubai e outro de Alemaña.



Share:


ARCHIVO RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Edición 15 de Rías Baixas Tribuna ya está en puertas

La edición 15, edición impresa de RÍAS BAIXAS TRIBUNA está siendo ya elaborada desde este lunes. Temas de máximo interés están en la planill...


LOS MÁS POPULARES EN UN AÑO

RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Buscar en RÍAS BAIXAS TRIBUNA

O noso peixe é de fiar

Empresas y autónomos confian

Empresas y autónomos confian
Gestradoc también obsequia a sus clientes con un ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Apuesta por el mejor vino blanco

Galicia, tes que vivila

Galicia, tes que vivila

En Zaragoza, 14 - Vigo

En Zaragoza, 14 - Vigo
recoge aquí tu ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA, obsequio de este establecimiento hasta agotar existencias

Para ir a las islas atlánticas...

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Desde el corazón de Galicia

Nuestras ediciones impresas

Nuestras ediciones impresas

Galicia é Calidade

Nuestra última edición impresa

Nuestra última edición impresa

Newsletter

Translate