29 oct. 2018

30 millones para comenzar con la puesta en marcha del Xacobeo-21

CULTURA E TURISMO DESTINARÁ CASE 30 MILLÓNS DE EUROS EN 2019 PARA COMEZAR COA POSTA EN MARCHA DO XACOBEO O conselleiro Román Rodríguez explica que, ademais da partida específica de 7,4 millóns, hai que engadir outros 12 para conservación, mantemento ou sinalización dos Camiños e os preto de 8,5 para a rehabilitación de bens de interese culturalNa súa comparecencia no Parlamento cifra en 141 millóns o orzamento da Consellería para o vindeiro ano, o que supón un crecemento do 6,2%, que a sitúa como a segunda con maior aumento Remarca que o obxectivo do seu departamento é reforzar as sinerxías entre o turismo e a cultura, “dous ámbitos estratéxicos para Galicia, fonte fundamental de recursos e emprego, e que, ademais, fortalecen a nosa marca como país” 
O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, explicou que a Consellería de Cultura e Turismo destinará preto de 30 millóns de euros en 2019 para comezar coa posta en marcha do Xacobeo 21. Así o manifestou con motivo da súa comparecencia no Parlamento para explicar os orzamentos do vindeiro ano, nos que o departamento que dirixe contará con máis de 141 millóns de euros, o que supón un crecemento do 6,2% con respecto ao que sumaban os departamentos de Cultura e de Turismo no pasado exercicio. Ademais, esta contía xeral sitúa á Consellería como a segunda con maior aumento orzamentario da Xunta; a primeira se se teñen en conta unicamente os fondos propios. 
Ademais de debullar os datos económicos, Román Rodríguez valorou de xeito positivo a evolución da cultura galega e do turismo nos últimos anos. Neste sentido, e segundo a diagnose realizada polo Consello da Cultura Galega e presentada este 2018, obsérvase unha recuperación dos sectores culturais, mentres que o eido turístico está atravesando un momento de consolidación tras un lustro de intensos crecementos. Ambos os dous sectores, de xeito conxunto, representan un 15% do PIB de Galicia.   
Deste xeito, e tal e como afirmou o conselleiro, o obxectivo da nova Consellería pasa por reforzar as sinerxías entre o turismo e a cultura, “dous ámbitos estratéxicos para Galicia, fonte fundamental de recursos e emprego e que fortalecen a nosa marca como país”, remarcou. 
Xacobeo 21, un reto colectivo 
A idea de que o Xacobeo 21 é máis que unha cita dun ano concreto refórzase nestes próximos orzamentos. O vindeiro Ano Santo, en palabras de Román Rodríguez, “é un reto transversal e colectivo, non só para esta Consellería senón para toda a administración e para o conxunto da sociedade galega”. Por iso, Cultura e Turismo destinará preto de 30 millóns de euros en accións relacionadas coa posta en marcha do Xacobeo. 
Neste sentido, ademais da partida de 7,4 millóns de euros para a súa planificación directa (é a primeira vez que se recolle unha contía específica para o Xacobeo), hai que sumar os 12 millóns para a conservación, mantemento ou sinalización dos Camiños de Santiago, así como para a Rede de Albergues. Así mesmo, tamén se inclúe a previsión de case 8,5 millóns para a rehabilitación de bens de interese cultural dos Camiños, así como as diferentes actividades audiovisuais, museísticas e expositivas ao redor da Ruta Xacobea.   
En definitiva, as contas públicas de Cultura e Turismo para 2019 permitirán continuar coas principais liñas de traballo en desenvolvemento, crear novos programas que lle dean un impulso renovado á cultura e turismo galegos, e sentar as bases do Xacobeo 21. “Un proxecto sobre o que construiremos a Galicia da terceira década do século XXI”, finalizou o conselleiro. 
Compromiso coa promoción do galego en todos os ámbitos
Co obxectivo de seguir impulsando unha política lingüística que promova o uso da nosa lingua propia en todos os ámbitos, a Secretaría Xeral de Política Lingüística disporá en 2019 de 8 millóns de euros, o que supón un 3% máis con respecto ao exercicio pasado. Esta subida permitirá reforzar o profesorado que imparte a ensinanza do Celga, as campañas de normalización e as actividades de formación, ou crear novos centros de estudos galegos: na Universidade de Santa Bárbara (EE.UU.) e en Turín. 
Un dos principais retos é fomentar os afectos da mocidade cara o galego e, por iso, o vindeiro ano destinaranse 150.000 euros para o Plan de dinamización da lingua galega na xuventude. Tamén se investirán 50.000 nun plan piloto de socialización en galego durante 21 xornadas, destinado a nenos e nenas non galegofalantes. 
Política cultural de proximidade 
Pola súa banda, a Dirección xeral de Políticas Culturais experimentará un notable crecemento do 3,4%, sobrepasando así os 33 millóns. Neste eido aumentará o importe do programa de accións de promoción cultural en preto dun 20%, así como o orzamento de actividades do CGAC. Así mesmo, e co fin de artellar unha política cultural de proximidade e que fomente a participación, tamén se incrementará o programa de colaboración cos concellos en materia de equipamento e de actividades culturais, con 3 millóns de euros. 
No que respecta ao ámbito das bibliotecas, arquivos, museos e equipamentos culturais, cómpre destacar o aumento dun 125% da área de proxectos en materia de arquivos; ou o crecemento da subvención para a adquisición de fondos bibliotecarios (500.000 euros, un 16,5% máis). Tamén se desenvolverá unha nova iniciativa para bibliotecas itinerantes en concellos que carecen de servizo bibliotecario, cun investimento de 160.000 euros. 
Salvagarda e protección do patrimonio cultural
No caso da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, o gasto total ascende a 19 millóns, un 5,7% máis con respecto ao 2018. Ademais de acometer a rehabilitación dos BICs dos Camiños, este orzamento permitirá redactar os decretos de declaración dos BICs xa incoados, como é o caso de Cova Eirós ou da Carpintería de Ribeira; e continuar cos traballos das tres candidaturas galegas a Patrimonio Mundial: Ribeira Sacra, Cíes-Illas Atlánticas e Ferrol da Ilustración. “Unhas candidaturas reais, colectivas e serias”, manifestou o conselleiro. 

Axencia Galega de Turismo
A Axencia Galega de Turismo contará cun orzamento de 64 millóns de euros para 2019, un 10,4% máis con respecto ao exercicio anterior. Ademais da partida de 7,4 millóns para lanzar as primeiras accións do Xacobeo -a convocatoria aberta de proxectos O teu xacobeo, a convocatoria de axudas para a conservación e restauración do patrimonio etnolóxico, ou a continuidade do festival O Son do Camiño-, a Axencia contará con 12 millóns para diferentes actividades relacionadas co Xacobeo e os Camiños.
Estas accións inclúen a conservación e mantemento da Ruta Xacobea, as transferencias á SA de Xestión do Plan Xacobeo, a mellora e sinalización dos Camiños (o 2019 estará dedicado á Vía da Prata), e o mantemento da Rede de Albergues, así como a construción dun novo en Vigo que mobilizará un investimento de 1 millón de euros. 
Remate construtivo da Cidade da Cultura
As transferencias para a Fundación Cidade da Cultura ascenderán a 9 millóns de euros e permitirán seguir realizando actividades culturais de primeira orde e reforzar o maior Centro de Emprendemento de Galicia. Ademais, os 3,6 millóns de transferencias de capital destinaranse, principalmente, á Fase II da urbanización do Gaiás e ao edificio Fontán, que suporá o remate construtivo da Cidade da Cultura, “un final acorde ás circunstancias, pensado desde o aforro e o aproveitamento da estrutura preexistente”, sinalou o titular de Cultura.  

Apoio ás industrias culturais

Por último, a Axencia Galega de Industrias Culturais disporá de 11,5 millóns de euros, que permitirán apoiar as redes galegas de Teatros e Auditorios e de Músicas ao Vivo. Tamén se manteñen as axudas ao desenvolvemento e á produción do sector audiovisual, ao mesmo tempo que se co-financiará unha produción audiovisual sobre o Camiño coa vista posta no Xacobeo 21. A maiores, continuarase promocionando a música e a cultura galegas no exterior (en febreiro no Celtic Connections e en agosto no Festival Intercéltico de Lorient)  e os festivais de música na comunidade a través das axudas en concorrencia competitiva e da plataforma Fest Galicia.   

Share:


ARCHIVO RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Edición 15 de Rías Baixas Tribuna ya está en puertas

La edición 15, edición impresa de RÍAS BAIXAS TRIBUNA está siendo ya elaborada desde este lunes. Temas de máximo interés están en la planill...


LOS MÁS POPULARES EN UN AÑO

RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Buscar en RÍAS BAIXAS TRIBUNA

O noso peixe é de fiar

Empresas y autónomos confian

Empresas y autónomos confian
Gestradoc también obsequia a sus clientes con un ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Apuesta por el mejor vino blanco

Galicia, tes que vivila

Galicia, tes que vivila

En Zaragoza, 14 - Vigo

En Zaragoza, 14 - Vigo
recoge aquí tu ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA, obsequio de este establecimiento hasta agotar existencias

Para ir a las islas atlánticas...

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Desde el corazón de Galicia

Nuestras ediciones impresas

Nuestras ediciones impresas

Galicia é Calidade

Nuestra última edición impresa

Nuestra última edición impresa

Newsletter

Translate