20 sept. 2018

Proyección y concierto en el Cinema Adriano (Fene) en un gran domingo para el dúo de soul Vudú

Este domingo 23 de setembro, o dúo de soul en galego Vudú presentará a partir das 18:00 videoclip Corasón no Cinema Adriano de  Barallobre (Fene), tras a súa proxección no festival do  leite Deleite e o lanzamento en youtube o pasado sábado e domingo respectivamente.
O lugar escollido para a proxección non é casual, xa que varias escenas do propio videoclip están rodadas no propio cine de Fene. Nesta proxección estarán acompañadas das actrices protagonistas do video e tras a proxección poderase desfrutar  dunha pequena actuación de Vudú.

MOTIVOProxección + concerto de Vudú
LUGAR: Cine Adriano de Barallobre (Fene)
DÍA: domingo 23 de setembro
HORA: 18.00


O vídeo:
Unha muller. Un fío. Unha rede de mulleres. A búsqueda incansable do propio ser. Ser-Muller. A búsqueda a través da vida e dos anos. A pesar dos prexuízos, dos golpes, dos cambios,  na procura de nós mesmas, pero sabendo que compartimos un corasón inmenso e xeneroso, que late por todas e cada unha de nós. Forte. Cada vez,  máis forte
Dirección Juanpa Ameneiros
Produción Xende López. 


Sobre Vudú:
Vudú naceu en 2016 e desde ese momento non deixan de recibir bos comentarios e premios. Un dos últimos foi o premio Martín Códax á música galega na categoría blues/funky/soul.
súa música son letras que proveñen da música tradicional galega transformada fundamentalmente en harmonías de soul e R&B. Vudú é unha música de esencia femininachea de sensualidade que pretende reivindicar a forza dos cantos tradicionais de Galiza. É unha música íntima e elegante, para grandespequenos momentos.
Vudú está formado por Belém Tajes (teclados, bucles, percusión e voz), ex cantante de  Luar na Lubre, e Maritxinha (baixo e bucles).
Consolidan o seu estilo gravando o seu segundo EP, VooDoo vol.II, e actualmente están inmersas na conclusión do seu primeiro álbum longo que se estreará en novembro. Un disco que en formato EP será patrocinado por Deleite.

Páginas