14 sept. 2018

Pontevedra. El Concello pasa de los tres jóvenes campeones que participan en el mundial de Kickboxing

Cidadáns Pontevedra anima aos mozos de ABP Sport que participarán no Campionato Mundial Cadete e Junior de Kickboxing. A concelleira María Rey lamenta a falta de apoio do goberno municipal a esta disciplina deportiva
A concelleira de Cidadáns Pontevedra, María Rey, recibiu na sede do partido aos tres mozos pontevedreses que participarán desde mañá sábado e ata o próximo día 20 no Campionato do Mundo de Kickboxing para as categorías cadete e junior, como integrantes da selección española.
Alfonso e Simón Riqueza Rea (de 14 e 12 anos) e Eugenia Coll Martínez (de 11) pertencen ao club ABP Sport da cidade do Lérez e están entre os 32 mozos deportistas que formarán parte da expedición española (Eugenia será a benxamina) nesta competición mundial, que se desenvolverá en Venecia e na que participarán un total de 2.290 mozos de 62 países. Os tres, que son campións galegos e de España e tiveron que realizar unha preselección en Madrid para formar parte do equipo, viaxarán acompañados do seu adestrador, José Manuel Santiago Pérez. 
No encontro, María Rey desexou “toda a sorte e éxitos” a estes tres mozos e lamentou que para o goberno municipal do BNG “sigue habendo deportes de primeira e de segunda no concello”, en referencia á falta de apoio a esta disciplina e ao club que a practica, a pesar dos éxitos deportivos conseguidos ata a data.
A viaxe a Venecia está custeado polas familias dos deportistas e unicamente o equipamento corre a cargo da Federación Española de Kickboxing, “o que supón un gran esforzo económico, para o que non teñen respaldo municipal”. 



Páginas