22 sept. 2018

Pontevedra. Domínguez leva ao Pleno a súa proposta para a creación da Casa da Cultura Municipal Alexándre Bóveda

PONTEVEDRA.- Rafa Domínguez, líder del PP en Pontevedra, levará ao Pleno municipal do vindeiro 28 de setembro, a través dunha moción, a súa proposta para a creación da Casa da Cultura Municipal Alexándre Bóveda, un espazo no que acoller todos os sectores involucrados neste eido e a formación dun Clúster Cultural como elemento catalizador da creación de riqueza.
Tras coñecerse a decisión do Ministerio de Facenda de retirar do mercado o inmoble situado nas inmediacións da praza da Peregrina e darlle un uso público, o presidente local e portavoz municipal considera que “este é o momento de facer unha proposta en positivo que beneficie a todos os veciños da nosa cidade”. “Pontevedra conta cun enorme potencial cultural que non se está aproveitando adecuadamente”, destacou Domínguez, “queremos que a Cultura aumente o seu peso como un dos motores económicos da cidade”. “Buscamos o xeito de que a Cultura aumente o seu peso como un dos motores económicos da cidade e a través da creación deste espazo poderíamos outorgarlle o liderazgo do que agora mesmo carece”.
Tal e como anunciou o pasado mes de agosto, nunha comparecencia na que estivo acompañado por Ana Isabel Vázquez, membro da súa Executiva, o edil popular insiste en que este edificio deberá contar cunha biblioteca municipal especializada en literatura infantil e xuvenil, en literatura galega e no cómic para nenos e adultos. Deste xeito, se daría resposta a unha carencia que leva arrastrando Pontevedra dende fai moito tempo e mesmo á solicitude asinada por máis de 400 estudantes coa que reclaman un lugar no que poder estudar durante as noites e as fines de semana.
Así mesmo, se contará con varias salas de exposición, cun salón de actos e cun centro interxeneracional e inclusivo no que desenvolver múltiples actividades. Se adaptaría ademais un espazo para albergar os arquivos municipal, provincial e histórico. “Sería todo un referente en Galicia”, destacou o presidente dos populares.
Domínguez insiste en que este espazo debe denominarse Casa da Cultura Municipal Alexándre Bóveda, “un home que é patrimonio de todos os veciños de Pontevedra”.



Páginas