14 sept. 2018

O Concello de Arbo continua licitando obras para melloras de camiños municipais

O Concello de Arbo licita duas obras para melloras de Camiños municipais. O concello de Arbo,  acaba de licitar as obras de “Mellora e Pavimentación en O Couto e Almuiña”  con  un importe de 50.000 €.- coa financiación da Conselleria de  Presidencia e Conselleria de Presidencia Administracións Publicas e Xustiza  e a obra  de "Ampliación Vial dende Rial do Pazo As Laxas”  por un importe de 36.056,22€.- financiado  pola Axencia  Galega de Desenvolvemento Rural pertencente a Conselleria de Medio Rural. 
As obras en O Couto e Almuiña teñen por obxeto definir e dimensionar as obras necesarias para mellorar o estado destas infraestructuras viarias, é consisten no desbroce, limpeza do camino, limpeza da superficie do pavimento existente, reparación de baches, cuneta de formigon, recalce de tapas de rexistro, e reposición da capa de rodadura e posterior marcación do vial. 
As obras de ampliación de vial dende o Rial do Pazo As Laxas consistenten na ampliación, mellora do trazado e do drenaxe da vía, a realización de cunetas formigonados , capa de firme e pintado do eixe da estrada

"As infraestructuras rurais melloran as condicions de vida e de traballo no medio rural, polo que é necesario o acondicionamento das mesmas", manifesta o alcalde Horacio Gil, para o que é evidente que "dende o Concello se esta realizando unha gran labor para a mellora dos camiños de titularidade municipais intentando chegar a todolos núcleos". O rexedor tamén informa que se levan mellorado case que un  70% das estradas do Concello de Arbo, nestes catro anos de goberno. 


Páginas