12 sept. 2018

Más de 2,3 millones para nuevos apoyos a asociaciones de comerciantes

A Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de conceder apoios por máis de 2,3 millóns de euros ás asociacións de comerciantes para a dinamización dos centros comerciais abertos (CCAS) e prazas de abastos; así como ás federacións ou asociacións de ámbito superior ao municipal. 

A través dos mesmos a Xunta colabora con 92 entidades, das cales 51 son CCAs; 27 asociacións de comerciantes dos mercados e 14 federacións, no impulso á competitividade do sector, máis de 500 accións en toda Galicia co obxectivo de atraer clientela ao comercio de proximidade e mellorar os servizos que se ofrecen aos consumidores. 

Os apoios poden chegar no caso dos centros comerciais abertos ata os 40.000 euros e alcanzar o 80% do investimento subvencionable, en función da poboación dos concellos en que están situados e do número de establecementos asociados. No que respecta ás asociacións das prazas de abastos, a porcentaxe de axuda é do 70%, podendo alcanzar a subvención un máximo de 9800 euros. No caso das federacións, os apoios poden chegar ata os 49.000 euros, alcanzando a axuda o 70% do investimento a realizar.

As axudas que veñen de concederse permitirán realizar diferentes campañas de dinamización, incorporar sistemas de fidelización ou realizar melloras na sinalización comercial externa, e, no caso das asociacións das prazas de abastos, melloras en instalacións e equipamentos.


O respaldo ao asociacionismo comercial é unha das prioridades do Plan estratéxico de impulso ao Comercio de Galicia, que destina 70 millóns de euros ata 2020 a modernizar e incrementar a competitividade do comercio de proximidade galego, con 55 accións específicas articuladas arredor de tres grandes retos: afianzar un sector comercial renovado; impulsar o smart commerce e o comercio electrónico; e potenciar o comercio excelente, traballando na dinamización e a mellora continua.

Share:


ARCHIVO RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Edición 15 de Rías Baixas Tribuna ya está en puertas

La edición 15, edición impresa de RÍAS BAIXAS TRIBUNA está siendo ya elaborada desde este lunes. Temas de máximo interés están en la planill...


LOS MÁS POPULARES EN UN AÑO

RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Buscar en RÍAS BAIXAS TRIBUNA

O noso peixe é de fiar

Empresas y autónomos confian

Empresas y autónomos confian
Gestradoc también obsequia a sus clientes con un ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Apuesta por el mejor vino blanco

Galicia, tes que vivila

Galicia, tes que vivila

En Zaragoza, 14 - Vigo

En Zaragoza, 14 - Vigo
recoge aquí tu ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA, obsequio de este establecimiento hasta agotar existencias

Para ir a las islas atlánticas...

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Desde el corazón de Galicia

Nuestras ediciones impresas

Nuestras ediciones impresas

Galicia é Calidade

Nuestra última edición impresa

Nuestra última edición impresa

Newsletter

Translate