13 sept. 2018

Máis dun 60% das estradas do Concello de Arbo foron melloradas nestes catro anos de goberno municipal.

O Concello de Arbo, anuncia o remate das obras en Sande, Ventana e o comezo das melloras en Ladeira e  Doños da parroquia de Mourentan, Bouza en Arbo e Escampado en Cabeiras, bombeo en Sela e melloras nos sendeiros dos Pescadores, o das Pesqueiras e o Sendeiro do Miño - Deva 
O Concello de Arbo, pretende seguir mellorando  a súa rede municipal de estradas e pistas asfaltadas, e pavimentando completamente as pistas que se atopan en terra. Unha das prioridades e mellorar a seguridade vial en todas as estradas, executando ensanches e mellorando o trazado de tramos máis perigosos.
As últimas obras rematadas son o acceso a Sande, o recinto da capela donde se ademais de pavimentar se colocou unha varandilla,   e no barrio da Ventana adonde ademais de pavimentar o xa existente se mellorou un tramo que se atopaba en terra.  Tamen deron comezo as obras de Ladeira e  Doños da parroquia de Mourentan, Bouza en Arbo e Escampado en Cabeiras e Bombeo en Sela. 

Según manifesta o Alcalde do Concello de Arbo, dada a amplia superficie do Concello, e o gran numero de estradas existentes, a tarefa de mantelas todas en perfecto estado é complicado, sendo necesarios proxectos de pavimentación que rexeneren  completamente a rodadura en ditas estradas e que melloren a seguridade vial coa optimización do trazado, pero o que dende o Concello se esta dando prioridade as estradas que supoñen risco para os veciños, as que por mor dos temporais sufriron graves danos. O rexedor informa de que o Concello de Arbo, pode realizar estas obras, debido o seu custo, a través das subvencións que recibe de outras entidades,  e que esta atendendo as demandas dos veciños e que na medida do posible se melloraran todos as estradas dos núcleos de poboación. Xa se levan acometidas obras de melloras en todas as parroquias, o acceso a Igrexa, a PO-400, a rotonda da Vila, a Granxa, Merelle,  Laguallo, Devella, Espedregada, Teimende en Arbo e Lamas en Sela; obras de grande envergadura porque foron destruidas durante os temporais;  camiño da Rasela, Couto-Paravedra, entre moitas outras, máis dun 60% das estradas do Concello de Arbo,foron melloradas nestes catro anos de goberno. 



Share:


ARCHIVO RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Edición 15 de Rías Baixas Tribuna ya está en puertas

La edición 15, edición impresa de RÍAS BAIXAS TRIBUNA está siendo ya elaborada desde este lunes. Temas de máximo interés están en la planill...


LOS MÁS POPULARES EN UN AÑO

RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Buscar en RÍAS BAIXAS TRIBUNA

O noso peixe é de fiar

Empresas y autónomos confian

Empresas y autónomos confian
Gestradoc también obsequia a sus clientes con un ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Apuesta por el mejor vino blanco

Galicia, tes que vivila

Galicia, tes que vivila

En Zaragoza, 14 - Vigo

En Zaragoza, 14 - Vigo
recoge aquí tu ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA, obsequio de este establecimiento hasta agotar existencias

Para ir a las islas atlánticas...

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Desde el corazón de Galicia

Nuestras ediciones impresas

Nuestras ediciones impresas

Galicia é Calidade

Nuestra última edición impresa

Nuestra última edición impresa

Newsletter

Translate