4 sept. 2018

Las tormentas nos traen lluvia, el Tiempo refresca...

04/09. Tormentas 
con lluvia de verdad... 
Por fin lluvia fuerte, producto de tormenta de verdad sobre la comarca de Vigo y Rías Baixas. Tras los intentos de días anteriores (gotas tan solo), este martes, sobre la una de la tarde en adelante, ha caído lo suyo... Veamos cómo MeteoGalicia nos orienta sobre el tiempo para estos días.
MARTES
A situación meteorolóxica nesta xornada en Galicia continuará marcada pola inestabilidade. Deste xeito agardamos un día de ceo parcialmente anubrado, con chuvascos ocasionais, localmente treboentos, máis probables canto máis ó leste de Galicia. As temperaturas sufrirán un novo descenso, entre lixeiro e moderado, polo que os termómetros marcarán valores propios da época do ano. Os ventos soprarán moderados do nordés na metade norte, con intervalos fortes á tarde, e frouxos variables na metade sur.
MÉRCORES
Aumentará a inestabilidade atmosférica durante este día. Así, os ceos estarán parcialmente cubertos con chuvascos ocasionalmente de carácter tormentoso. As temperaturas mínimas non terán cambios significativos, mentres que as máximas descenderán lixeiramente. Os ventos soprarán do nordés, frouxos na metade sur, moderados no resto, con intervalos fortes no litoral entre Bares e Fisterra.
XOVES
O xoves Galicia queda nunha zona de transición entre o anticiclón situado ao norte de Azores e as baixas presións que se desprazan cara ao Mediterráneo. Así, na metade norte agárdanse ceos anubrados con chuvias no litoral e na metade sur os ceos alternarán nubes e claros, con chuvascos treboentos á tarde na provincia de Ourense e sur da provincia de Pontevedra. As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso mentres que as máximas quedarán sen cambios ou con lixeiros ascensos no sur. Os ventos soprarán do nordés, moderados en xeral, fortes nos arredores de Fisterra.
VENRES
A inestabilidade atmosférica de xornadas anteriores irá diminuíndo durante este día. Con esta situación, agárdanse brétemas costeiras no litoral atlántico e ceos pouco anubrados ou despexados en xeral no resto, aumentando as nubes pola tarde, sobre todo en zonas de interior, onde mesmo podería darse algún chuvasco treboento illado. As temperaturas mínimas continuarán sen cambios, mentres que as máximas experimentarán un lixeiro ascenso. Os ventos soprarán do nordés, moderados en xeral, con intervalos fortes nos arredores de Fisterra.




Share:


ARCHIVO RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Edición 15 de Rías Baixas Tribuna ya está en puertas

La edición 15, edición impresa de RÍAS BAIXAS TRIBUNA está siendo ya elaborada desde este lunes. Temas de máximo interés están en la planill...


LOS MÁS POPULARES EN UN AÑO

RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Buscar en RÍAS BAIXAS TRIBUNA

O noso peixe é de fiar

Empresas y autónomos confian

Empresas y autónomos confian
Gestradoc también obsequia a sus clientes con un ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Apuesta por el mejor vino blanco

Galicia, tes que vivila

Galicia, tes que vivila

En Zaragoza, 14 - Vigo

En Zaragoza, 14 - Vigo
recoge aquí tu ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA, obsequio de este establecimiento hasta agotar existencias

Para ir a las islas atlánticas...

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Desde el corazón de Galicia

Nuestras ediciones impresas

Nuestras ediciones impresas

Galicia é Calidade

Nuestra última edición impresa

Nuestra última edición impresa

Newsletter

Translate