5 sept. 2018

La Xunta pone en marcha las primeras Unidades Formativas : nuevo tiempo para las empresas

05/09. Conselleiro Conde visita en el astillero Barreras un ejemplo de la iniciativa... 

A XUNTA PON EN MARCHA AS PRIMEIRAS UNIDADES FORMATIVAS QUE PERMITEN  ÁS EMPRESAS ADAPTARSE ÁS NOVAS TÉCNICAS DE PRODUCIÓN E EXIXENCIAS DO MERCADO
  • O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, visitou hoxe en Vigo o estaleiro Barreras, que conta cunha das primeiras 73 unidades formativas vinculadas ao sector naval deste programa pioneiro en Galicia
  • Na área de Vigo teñen lugar 2 de cada 3 destes cursos cos que compañías de diferentes ámbitos se benefician de formación á carta en función das súas necesidades
  • Sete de cada 10 cursos están relacionados co naval, a automoción ou o sector TIC, tres industrias clave para a cidade onde a implantación de tecnoloxía xoga un papel fundamental
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, informou hoxe en Vigo da posta en marcha das primeiras Unidades Formativas nas empresas. Con este programa, a Xunta busca axudar ao tecido empresarial a facer da formación un activo que lles permita incrementar a súa competitividade, preparándose así para dar resposta ás novas técnicas de produción, aos perfís laborais máis demandados e ás exixencias do mercado. 
Conde mantivo un encontro cos 15 alumnos que reciben formación teórica e práctica especializada en aplicacións navais no estaleiro vigués Barreras, en colaboración coas empresas Vigra e GDOCE. O conselleiro salientou que a través deste tipo de unidades formativas en empresas a Xunta financia o 100% dos cursos de formación que as empresas decidan impartir en función das súas necesidades, cunha formación á carta na que se implican directamente as propias compañías. 
Na súa visita, o conselleiro sinalou que a de Barreras é unha das primeiras 73 unidades formativas postas en marcha este curso vinculadas ao naval, destacando que é a primeira vez que se imparte esta materia en España e que conta con homologación estatal. O estaleiro está entre as 25 empresas da comarca viguesa de distintos sectores que participan nesta primeira convocatoria de 2018 de Unidades Formativas. En breve resolverase a segunda convocatoria.
En toda Galicia lévanse aprobado xa este ano un total de 332 unidades formativas para 3200 traballadores en 83 empresas. Tal e como apuntou Francisco Conde, Vigo e a súa área metropolitana concentran 2 de cada 3 destes cursos. Ademais, na súa maioría (sete de cada 10), están relacionados co naval, a automoción ou o sector TIC, tres industrias que requiren de persoal cualificado para seguir medrando e nos que a implantación da tecnoloxía xoga un papel fundamental.
Plan sectorial de formación
No caso concreto do naval, Conde lembrou que a Xunta aprobou o primeiro plan sectorial de formación, que recolle un conxunto de iniciativas e liñas de axuda, como as propias unidades formativas, que suman 13 millóns de euros para impulsar o emprego cualificado nesta industria e que beneficiará a 5000 persoas entre traballadores e desempregados.

O conselleiro incidiu así mesmo en que “Galicia está liderando a recuperación do sector naval en España e precisa dun acompañamento en materia de formación”, tanto para que os traballadores en activo amplíen a súa cualificación como para abrir novas oportunidades ás persoas desempregadas. (REDACCIÓN)



Share:


ARCHIVO RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Edición 15 de Rías Baixas Tribuna ya está en puertas

La edición 15, edición impresa de RÍAS BAIXAS TRIBUNA está siendo ya elaborada desde este lunes. Temas de máximo interés están en la planill...


LOS MÁS POPULARES EN UN AÑO

RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Buscar en RÍAS BAIXAS TRIBUNA

O noso peixe é de fiar

Empresas y autónomos confian

Empresas y autónomos confian
Gestradoc también obsequia a sus clientes con un ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Apuesta por el mejor vino blanco

Galicia, tes que vivila

Galicia, tes que vivila

En Zaragoza, 14 - Vigo

En Zaragoza, 14 - Vigo
recoge aquí tu ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA, obsequio de este establecimiento hasta agotar existencias

Para ir a las islas atlánticas...

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Desde el corazón de Galicia

Nuestras ediciones impresas

Nuestras ediciones impresas

Galicia é Calidade

Nuestra última edición impresa

Nuestra última edición impresa

Newsletter

Translate