5 sept. 2018

Inminente tramitación del anteproyecto de "Lei de ordenación do territorio de Galicia".

04/09. Feijóo presenta el Plan Básico Autonómico

O presidente da Xunta avanzou hoxe, na presentación do Plan Básico Autonómico,  a autorización no Consello de mañá do inicio da tramitación do anteproxecto de Lei de ordenación do territorio de Galicia.
FEIJÓO SALIENTA QUE O NOVO PLAN BÁSICO AUTONÓMICO CONTRIBUIRÁ A CONVERTER GALICIA NUNHA DAS REXIÓNS DE EUROPA CUN COÑECEMENTO MÁIS CLARO, EXHAUSTIVO E ACTUALIZADO DO SEU TERRITORIO. 
  • “Estamos a falar dun plan deseñado polo conxunto dos galegos e que beneficiará ao conxunto dos galegos”, asevera
  • Lembra que sobre os cimentos deste plan comezarán a deseñarse os futuros plans básicos municipais, que permitirán que os concellos máis pequenos de Galicia teñan as mesmas oportunidades que os grandes para acceder a un planeamento
  • Asevera que, paralelamente, a Xunta seguirá traballando no deseño de novos instrumentos de ordenación como as Normas Técnicas de Planeamento 
  • Subliña que, se no ano 2009, Galicia estaba no vagón de cola de España no relativo ao ordenamento urbanístico, nove anos despois, se atopa nos primeiros postos das autonomías en ter uns instrumentos urbanísticos actualizados, completos e útiles

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe que o novo Plan Básico Autonómico, xunto ao compendio de actuacións levadas a cabo desde 2009, contribuirá a converter Galicia nunha das rexións a nivel europeo cun coñecemento máis claro, exhaustivo e actualizado do seu territorio e da súa regulación urbanística. 
“Estamos a falar dun plan deseñado polo conxunto dos galegos e que beneficiará ao conxunto dos galegos”, aseverou, referíndose aos 49 concellos que se rexen polas Normas Provinciais de 1991, nos que o plan será de aplicación directa; aos 170 concellos suxeitos a normas subsidiarias provinciais ou a PXOM non adaptados á Louga, nos que esta iniciativa permitirá corrixir as indeterminacións ou lagoas que existan; e ao conxunto dos 313 concellos galegos, ao concretarse todas as proteccións en solo rústico, que supón o 93% do territorio de Galicia.
Así mesmo, lembrou que sobre os cimentos deste Plan Básico Autonómico comezarán a deseñarse os futuros plans básicos municipais, que permitirán que os concellos máis pequenos de Galicia teñan as mesmas oportunidades que os grandes para acceder a un planeamento.
Ao respecto, precisou que os 37 municipios de menos de 5000 habitantes que aínda non dispoñen dun PXOM poderán contar así co apoio total da Xunta para ter este instrumento de ordenamento; “e os oito concellos  que se interesaron especificamente por ter un Plan Básico Municipal serán os primeiros en iniciar a súa contratación”, engadiu.
Durante o acto de presentación, o presidente do Executivo autonómico aseverou ademais que, paralelamente, a Xunta seguirá traballando no deseño de novos instrumentos de ordenación como as Normas Técnicas de Planeamento, que homoxeneizarán as características de todos os documentos de planeamento que se redacten a partir de agora; ou a futura Lei de ordenación do territorio de Galicia, que substituirá a unha normativa de 1995.
Sobre este punto, Feijóo avanzou que no Consello de mañá, o Goberno galego autorizará o inicio da tramitación do anteproxecto deste novo texto.

Traballo conxunto entre institucións
“Temos un obxectivo claro: facer de Galicia un lugar mellor ordenado, aínda máis fermoso e máis cómodo para vivir”, sentenciou, incidindo en que para avanzar cara á esta meta é preciso o traballo conxunto entre institucións.
“Cómpre que os concellos sigan situando a mellora do ordenamento como unha prioridade, do mesmo modo que fixeron os 95 municipios que contan cun PXOM actualizado; e que o Goberno autonómico siga facilitándolles aos concellos o desenvolvemento dunha política urbanística, como fixemos coa ampliación das competencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, como facemos con este Plan Básico Autonómico e como faremos cos plans básicos municipais, que xa saíron a contratación cun orzamento total de 2,5 millóns de euros”, abundou.
Nesta mesma liña, precisou que os máis de 4350 planos do Plan Básico Autonómico recollen todas as afeccións derivadas da lexislación sectorial: costas, aeroportos, portos, estradas, ferrocarril, montes, canles fluviais, liñas eléctricas, espazos naturais e calquera outro elemento que obrigue a pedir informes e autorizacións específicas; as delimitacións dos instrumentos de ordenación do territorio que se foron aprobando ao longo destes anos; os máis de 40.000 elementos catalogados que existen en Galicia; e a regulación xeral dos usos de solo e da edificación que establece cada ordenanza tipo.
Feijóo concluíu asegurando que o Plan Básico Autonómico consolida a transformación do urbanismo en Galicia, á que tamén contribuíron a reforma da Lei de ordenación urbanística e protección do medio rural, a aprobación das primeiras Directrices de Ordenación do Territorio e do primeiro Plan de ordenación do litoral, a nova Lei do solo e o seu regulamento e a publicación da Guía de cores e materiais. 

Deste xeito, se no ano 2009, a Comunidade estaba no vagón de cola de España no relativo ao ordenamento urbanístico, nove anos despois, se atopa nos primeiros postos das autonomías en ter uns instrumentos urbanísticos actualizados, completos e útiles.

Núñez Feijóo

Share:


ARCHIVO RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Edición 15 de Rías Baixas Tribuna ya está en puertas

La edición 15, edición impresa de RÍAS BAIXAS TRIBUNA está siendo ya elaborada desde este lunes. Temas de máximo interés están en la planill...


LOS MÁS POPULARES EN UN AÑO

RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Buscar en RÍAS BAIXAS TRIBUNA

O noso peixe é de fiar

Empresas y autónomos confian

Empresas y autónomos confian
Gestradoc también obsequia a sus clientes con un ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Apuesta por el mejor vino blanco

Galicia, tes que vivila

Galicia, tes que vivila

En Zaragoza, 14 - Vigo

En Zaragoza, 14 - Vigo
recoge aquí tu ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA, obsequio de este establecimiento hasta agotar existencias

Para ir a las islas atlánticas...

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Desde el corazón de Galicia

Nuestras ediciones impresas

Nuestras ediciones impresas

Galicia é Calidade

Nuestra última edición impresa

Nuestra última edición impresa

Newsletter

Translate