23 sept. 2018

Ha llegado el Otoño y... de momento parece verano en Galicia

METEOGALICIA PRONOSTICA :

LUNES
O luns Galicia quedará na influencia das altas presións centrads sobre Irlanda que deixarán un réxime de ventos do nordés. Así, na metade norte os ceos estarán máis anubrados canto máis ó norte, onde mesmo haberá a posibiidade de chuvias febles; a tendencia é á progresiva apertura de claros. Na metade sur agárdanse ceos pouco anubrados, con nubes altas. As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro ascenso, mentres que as máximas continuarán sen cambios ou con lixeiros descensos no norte da provincia de Lugo. O vento no interior soprará do nordés, frouxo pola mañá aumentando a moderado á tarde; no litoral norte serán fortes.
MARTES
Para o martes agárdase que as altas presións estean centradas nas Illas Británicas con circulación do nordés. Con esta situación, os ceos estarán pouco anubrados ou despexados. As temperaturas continuarán sen cambios ou con lixeiros descensos. Os ventos soprarán do nordés en xeral, frouxos no interior, moderados no litoral norte, con intervalos fortes entre Bares e Fisterra.
MIÉRCOLES
Galicia continuará durante o mércores baixo a influencia das altas presións, con entrada de aire cáido desde latitudes inferiores. Con esta situación, agárdase tempo seco e soleado. As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso, mentres que as máximas experimentarán un lixeiro ascenso, Os ventos soprarán frouxos en xeral, con intervalos de moderado no litoral, de dirección variable, con predominio da compoñente leste.




Páginas