4 sept. 2018

Feijóo destaca el compromiso con la Atención primaria, con 24 centros de salud nuevos o renovados en esta legislatura

04/09. Esfuerzo de la Xunta en favor de la Sanidad Pública pasa también por los nuevos centros de salud 
O presidente do Goberno galego visitou esta mañá as instalacións do novo centro de saúde de Ares.
FEIJÓO DESTACA O COMPROMISO COA ATENCIÓN PRIMARIA CON 24 CENTROS DE SAÚDE NOVOS OU RENOVADOS NESTA LEXISLATURA.
  • Salienta que cinco destas infraestruturas- Barbadás, Pontedeva, Culleredo, A Capela e Ares- xa están en funcionamento
  • Subliña que os máis de 4800 veciños adscritos ao centro de Ares contarán cunhas instalacións que duplican o seu tamaño: máis de 1300 metros cadrados de superficie que permitirán aos usuarios contar con novos servizos
  • Precisa que desde 2009 o Goberno galego investiu xa máis de 66 millóns de euros en construír, ampliar ou mellorar centros de saúde
  • Asevera que Galicia conta hoxe cun 7% máis de médicos traballando en atención primaria dos que había en 2008: 2601 profesionais
  • Reitera o traballo e compromiso dos profesionais do Sergas que fan posible que as listas de espera se manteñan nos seus mínimos históricos
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe o compromiso coa atención primaria con 24 centros de saúde novos ou renovados nesta lexislatura, dos cales cinco- Barbadás, Pontedeva, Culleredo, A Capela e Ares- xa están en funcionamento.
Durante unha visita ás instalacións do novo centro de saúde de Ares, Feijóo destacou, en relación aos 19 centros restantes, que preto da metade están xa en marcha ou en fase de licitación: xa en construción os de Gondomar, O Milladoiro (Ames), A Laracha, A Estrada e A Illa de Arousa; en fase de licitación os de Narón, Paderne de Allariz, Salceda de Caselas e Pereiro de Aguiar; en redacción os proxectos dos de Melide, Bouzas (Vigo) e do centro integral de saúde do Barrio da Residencia de Lugo; pendentes de licitación os do Saviñao e Pazos de Borbén; e pendentes de recibir a cesión dos terreos para os centros de saúde de Caldas de Reis, Lalín, Moaña, Cangas e Santa Lucía, na Coruña.
No tocante ao novo centro de saúde de Ares, o responsable do Executivo autonómico subliñou que os máis de 4800 veciños adscritos a este centro contarán cunhas instalacións que duplican o seu tamaño: máis de 1300 metros cadrados de superficie que permitirán aos usuarios contar con catro novos servizos –sala para extraccións de sangue, sala de cirurxía menor ambulatoria, sala de urxencias e sala de educación maternal-; ademais de seguir contando con cinco consultas de medicina xeral, tres de enfermaría, unha de matrona e consultas de pediatría e enfermaría pediátrica. “Estamos a falar, en definitiva, dunhas infraestruturas máis amplas, modernas e completas”, abundou.
Logo de precisar que desde 2009 o Goberno galego investiu máis de 66 millóns de euros en construír, ampliar ou mellorar este tipo de infraestruturas, Feijóo aseverou que 
nesa aposta por un sistema sanitario público máis próximo e áxil estanse a impulsar tamén iniciativas como a plataforma Telea, que permite a monitorización e seguimento a distancia dos pacientes crónicos desde o seu domicilio, ou o Fogar Dixital que permite controlar certas variables do paciente desde a súa casa. 
Así mesmo, resaltou que a Comunidade conta hoxe, ademais, cun 7% máis de médicos de familia traballando en atención primaria dos que había en 2008: 2601 profesionais.
O presidente da Xunta concluíu a súa intervención afirmando que o Goberno galego seguirá comprometido cunha política útil, que xere benestar e crecemento; e cun sistema sanitario áxil, moderno e eficiente, cunhas infraestruturas máis espazosas, cuns equipamentos de última tecnoloxía e con máis melloras na xestión sanitaria.

Sobre este punto, aseverou que todos estes obxectivos son posibles grazas ao traballo e compromiso dos profesionais do sistema galego de saúde, que fan posible que as listas de espera se manteñan nos seus mínimos históricos e que o 90% dos galegos estean satisfeitos coa atención que ofrece o Sergas, tal e como reflicte o barómetro sanitario do ano pasado.

Feijóo


Share:


ARCHIVO RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Edición 15 de Rías Baixas Tribuna ya está en puertas

La edición 15, edición impresa de RÍAS BAIXAS TRIBUNA está siendo ya elaborada desde este lunes. Temas de máximo interés están en la planill...


LOS MÁS POPULARES EN UN AÑO

RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Buscar en RÍAS BAIXAS TRIBUNA

O noso peixe é de fiar

Empresas y autónomos confian

Empresas y autónomos confian
Gestradoc también obsequia a sus clientes con un ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Apuesta por el mejor vino blanco

Galicia, tes que vivila

Galicia, tes que vivila

En Zaragoza, 14 - Vigo

En Zaragoza, 14 - Vigo
recoge aquí tu ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA, obsequio de este establecimiento hasta agotar existencias

Para ir a las islas atlánticas...

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Desde el corazón de Galicia

Nuestras ediciones impresas

Nuestras ediciones impresas

Galicia é Calidade

Nuestra última edición impresa

Nuestra última edición impresa

Newsletter

Translate