1 sept. 2018

Feijóo, ante Pablo Casado : “Gañaches porque saíches a gañar. E gañando tamén derrotaches os prognósticos de quen desexaba un partido desunido”

1/09. CERDEDO-COTOBADE.
O líder dos populares repróchalle ao PSdeG o feito de actuar sempre “como unha sucursal do PSOE, e nunca como un partido galego” Feijóo sinala que o PPdeG sae a gañar as próximas eleccións municipais “nos 313 concellos e nas catro deputacións”
  • Anima a seguir escoitando aos veciños, a estar presentes nas 3.772 parroquias, a manter sempre os pés na terra e a seguir formando equipos con experiencia e ilusión
  • O presidente, a Pablo Casado: “Gañaches porque saíches a gañar. E gañando tamén derrotaches os prognósticos de quen desexaba un partido desunido”
  • Sobre o executivo de Pedro Sánchez sinala que “no Goberno das aparencias, os xestos eclipsan os feitos e os titulares sonoros intentan ocultar a falta de iniciativa” 
O presidente dos populares galegos, Alberto Núñez Feijóo, salientou esta mañá que o PPdeG inicia o novo curso político “con optimismo e ilusión” e encara as próximas eleccións municipais saíndo a gañar “nos 313 concellos e nas catro deputacións”. Neste senso, indicou que, fronte ás demais formacións políticas, o Partido Popular de Galicia é o único “cun proxecto para os 313 concellos, cun proxecto para as catro provincias, cun proxecto para Galicia e cun proxecto para España”. E recordou que “somos o primeiro partido en dous de cada tres concellos; somos o primeiro partido de Galicia; e somos o primeiro partido de España”.

Feijóo, que tamén estivo acompañado polo alcalde de Cerdedo-Cotobade e polo presidente do PP de Pontevedra, agradeceu a Pablo Casado -quen hai unhas semanas dixo que quería que o Partido Popular de España se parecese ao PPdeG-, a súa presenza en Galicia: “É un honor que valores e mimes así a nosa lealdade e o noso compromiso con estas siglas e con este país”. “Por iso –engadiu o líder dos populares galegos- comprometémonos a seguir traballando día a día para seguir sendo referentes”. 

Salientou que o pasado mes de xullo, os afiliados do Partido Popular confiaron en Pablo Casado para que se “escoite a voz desa maioría de españois que piden un país unido, libre e próspero; para que Europa e o mundo sigan mirando a España con respecto e admiración e para que sigas defendendo a igualdade e a unidade entre españois fronte a quen pretendeu fracturar a convivencia”. “Gañaches porque saíches a gañar, porque soubeches transmitir ilusión. E gañando tamén derrotaches os prognósticos de quen desexaba un partido desunido”, indicou Feijóo, quen destacou que é con esa mesma ilusión e ese mesma unidade que levou a Pablo Casado á presidencia nacional do partido coa que o PPdeG afronta as próximas municipais e que o obxectivo é traballar pois para derrotar os augurios, o oportunismo, a decepción e o sectarismo. 

Feijóo animou a seguir escoitando e defendendo aos veciños, a estar presentes nas 3.772 parroquias galegas, a manter sempre os pés na terra e a seguir formando equipos que combinen experiencia con ilusión. En canto ao proxecto, pediu que sexa “realista e coherente, de benestar para Galicia, de unidade, aberto a todos os galegos, que contribúa a que a nosa comunidade siga crecendo e que sexa, tamén, progreso para Galicia e para España”. 

O PPDEG, O ÚNICO COMPROMETIDO COS GALEGOS
O presidente Feijóo fixo repaso dos dous últimos anos, nos que incidiu en que, a diferenza do resto de partidos, o PPdeG si se dedicou a cumprir o seu compromiso cos galegos. “Os eslógans de campaña deixaron paso aos feitos do día a día; as promesas nos mítins deixaron paso ao traballo nas institucións; e os tuits, as vallas e os anuncios deixaron paso ao balance real que pode ofrecer cada partido”. Tal e como engadiu o líder dos populares galegos, foron dous anos que serviron tamén para despexar as incógnitas no ámbito político. 

Así, dixo, os nacionalistas seguen tentando aplicar as mesmas vellas receitas que os galegos levamos 40 anos rexeitando; Ciudadanos trata de importar problemas que en Galicia non se dan, polo que colleitan fracasos; En Marea que se consolidou como a máquina de xerar desilusión e que nun tempo récord decepcionou aos veciños, aos seus militantes e tamén aos seus dirixentes máis destacados. “E un PSdeG que actúa sempre como sucursal socialista e nunca como partido de Galicia, un partido que oculta o bochorno que sente dicindo ‘si a todo’ a Pedro Sánchez”, salientou Feijóo, quen recordou que ante todos eles está o PPdeG, “un partido que cumpre na oposición e no Goberno, que ten principios e coherencia e que está unido”.

O PRIMEIRO TRIMESTRE DO PEDRO SÁNCHEZ PRESIDENTE
Para finalizar, o presidente Feijóo tamén se referiu ao primeiro trimestre de Pedro Sánchez á fronte do executivo central: “No Goberno das aparencias, os xestos eclipsan os feitos e os titulares sonoros intentan ocultar a falta de apoio e iniciativa”. Dixo, ademais, que nin decepciona, porque ninguén podía esperar nada, nin sorprende, porque todo o que fan é exactamente o contrario do que dicían na oposición: “O Pedro Sánchez de hai tres meses xa lle tería presentado varias mocións de censura ao Pedro Sánchez presidente”. 
“O Goberno coa minoría máis pequena da democracia amosa a máis grande das arrogancias; o goberno menos apoiado  polos españois é o máis disposto a ceder ante os independentistas; e o goberno que non saíu directamente das urnas e que se xustifica que foi elixido pola Cámara, sáltase as cámaras, por decretazo ou trampeando para evitar o Senado”, lamentou o líder dos populares galegos.
Así, subliñou que finalmente se confirmou que a moción de censura foi unha festa do PSOE organizada polos populistas e nacionalistas e que agora tan só queda por “saber quen pagará a factura”. “Pode que Pedro Sánchez lle deba todo a Podemos, nacionalistas e independentistas, pero os españois non lle debemos nada. E nós só nos imos deber aos españois”, salientou Feijóo, quen engadiu que “polo ben de Galicia, alégrome de ser presidente debéndome só aos galegos”. Para Feijóo, a diferenza do PSOE, o Partido Popular gañará nas urnas. 

ORGULLOSOS DE MARIANO RAJOY

 “Quero acordarme de quen, ano a ano, non fallou a esta cita e que hoxe non está por non  fallar ao seu compromiso de manterse á marxe: o presidente Rajoy”, salientou Feijóo, quen se amosou “orgulloso” de que un galego comprometido con Galicia e con España fose presidente do partido e de España. “Síntome orgulloso de que soubese chegar –gañando eleccións-; estar –primando os intereses xerais-; e irse –con humildade-”, engadiu.







Share:


ARCHIVO RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Edición 15 de Rías Baixas Tribuna ya está en puertas

La edición 15, edición impresa de RÍAS BAIXAS TRIBUNA está siendo ya elaborada desde este lunes. Temas de máximo interés están en la planill...


LOS MÁS POPULARES EN UN AÑO

RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Buscar en RÍAS BAIXAS TRIBUNA

O noso peixe é de fiar

Empresas y autónomos confian

Empresas y autónomos confian
Gestradoc también obsequia a sus clientes con un ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Apuesta por el mejor vino blanco

Galicia, tes que vivila

Galicia, tes que vivila

En Zaragoza, 14 - Vigo

En Zaragoza, 14 - Vigo
recoge aquí tu ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA, obsequio de este establecimiento hasta agotar existencias

Para ir a las islas atlánticas...

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Desde el corazón de Galicia

Nuestras ediciones impresas

Nuestras ediciones impresas

Galicia é Calidade

Nuestra última edición impresa

Nuestra última edición impresa

Newsletter

Translate