14 sept. 2018

El Bloque intransigente sigue dispuesto en Pontevedra a alegrar la vida a enfermos, heridos y ambulancias con su implantación de chepas en las proximidades de Montecelo

Cidadáns Pontevedra cualifica de “insensatez” a instalación de lombos na nova rotonda de acceso ao Hospital Montecelo
·         A concelleira María Rey apoia as reivindicacións veciñais e dos técnicos de emerxencias en contra da colocación dos novos resaltos.
A concelleira de Cidadáns Pontevedra, María Rey, cualificou de “insensatez” a colocación de lombos na nova rotonda de acceso ao Hospital Montecelo, á altura de Príncipe Felipe, obra que leva a cabo a Deputación Provincial.
Rey apoia as protestas veciñais e da Asociación Galega de Técnicos en Emerxencias, que ven na instalación destes resaltos nas inmediacións do hospital unha insensibilidad e un perigo para os traslados dos pacientes a Montecelo, que calculan en máis de 50.000 ao ano. “Parece un contrasenso -apuntou a concelleira de Csinstalar lombos, cando xa unha rotonda é unha medida de acougado de tráfico e máis cando está situada a escasos metros da entrada do hospital. Parécenos que no canto de achegar seguridade, a colocación de lombos na rotonda converte esta zona en perigosa polas manobras que terán que facer os técnicos de emerxencias e polo que supoñerá para a seguridade dos pacientes que trasladan”.
“Pedimos aos nacionalistas desta cidade que reculen e retiren estes novos resaltos, que son toda unha insensatez”, engade Rey, quen tamén apoia a petición de vías sanitarias libres de lombos que reclama a asociación e que foi referendada por toda a oposición municipal en pleno en setembro de 2015.






Páginas