7 sept. 2018

Dispositivo garantiza adecuado funcionamiento del transporte escolar de uso compartido

O secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, Joaquín Macho, e o director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro, reuníronse hoxe con representantes da Garda Civil para ultimar a entrada en servizo deste dispositivoA XUNTA E A GARDA CIVIL DE TRÁFICO COORDINAN O SEGUNDO PLAN ESPECIAL DE INSPECCIÓN QUE VELARÁ POLO FUNCIONAMENTO AXEITADO DO TRANPORTE ESCOLAR DE USO COMPARTIDO CO INICIO DO CURSO A VINDEIRA SEMANA
  • Un total de 491 liñas de transporte compartido comezarán a funcionar de novo a partir do luns co inicio do período lectivo
  • Para garantir que os alumnos chegan aos centros sen incidencias, os axentes de Tráfico xunto cos do servizo autonómico de Inspección de Transportes volverán vixiar o cumprimento dos horarios e servizos
  • De xeito complementario a esta reunión, a pasada semana tivo lugar unha xornada de formación na que participaron representantes da Xunta e da Garda Civil
  • A Xunta, a través do Plan de transporte público, implantou en 2017 o transporte compartido, co que en determinadas rutas os veciños usan as prazas baleiras do autobús escolar, sempre cun servizo de acompañante para os alumnos
  • Esta modalidade superou no seu período de funcionamento os 2,6 millóns de usuarios, que inclúe as viaxes de alumnos e as de 107.000 viaxeiros xerais 
O secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, Joaquín Macho, e o director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro, mantiveron hoxe unha reunión co tenente coronel xefe do sector de Tráfico, Francisco Javier Molano e outros representantes da Garda Civil para coordinar o plan especial de inspeccións que velará polo correcto funcionamento do transporte escolar de uso compartido co gallo do inicio do curso, a vindeira semana.
Un total de 491 liñas de transporte compartido, con 5.297 paradas que dan servizo a 189 concellos, comezarán a funcionar de novo a partir do luns co comezo do período lectivo. Neste sentido, para garantir que os alumnos chegan aos centros sen incidencias, os axentes da Garda Civil de Tráfico xunto cos do servizo autonómico de Inspección de Transportes volverán vixiar o cumprimento dos horarios e dos servizos. 
Este operativo dálle continuidade ao que xa se efectuou no curso anterior, polo que no encontro de hoxe avaliáronse as medidas activadas e as que se porán en funcionamento neste curso. De xeito complementario á reunión, a pasada semana tivo lugar unha xornada de formación na que participaron representantes do Goberno galego e da Garda Civil. 
Cómpre lembrar que o Executivo autonómico, a través do Plan de transporte público de Galicia, implantou o ano pasado o transporte compartido, que permite que en determinadas rutas os veciños poidan empregar as prazas baleiras do autobús que leva aos rapaces á escola, sempre cun servizo de acompañante para os alumnos.  
As liñas integradas, durante o seu período de funcionamento, chegaron a superar os 2,6 millóns de usuarios, o que inclúe as viaxes de alumnos e as dos case 107.000 usuarios xerais que empregaron o servizo.
Esta fórmula, xunto co transporte a demanda, ten como obxectivos aumentar  a cobertura nas zonas onde non chegaba o transporte público, acadar unha maior eficiencia e rendibilidade social e evitar a circulación de autobuses baleiros. 

Este novo tipo transporte regular supuxo que concellos como Riotorto, Ribeira de Piquín, Carballeda de Valdeorras e A Mezquita, polos que antes non pasaba ningunha liña de autobús regular, agora si dispoñan de dito servizo.



Share:


ARCHIVO RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Edición 15 de Rías Baixas Tribuna ya está en puertas

La edición 15, edición impresa de RÍAS BAIXAS TRIBUNA está siendo ya elaborada desde este lunes. Temas de máximo interés están en la planill...


LOS MÁS POPULARES EN UN AÑO

RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Buscar en RÍAS BAIXAS TRIBUNA

O noso peixe é de fiar

Empresas y autónomos confian

Empresas y autónomos confian
Gestradoc también obsequia a sus clientes con un ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Apuesta por el mejor vino blanco

Galicia, tes que vivila

Galicia, tes que vivila

En Zaragoza, 14 - Vigo

En Zaragoza, 14 - Vigo
recoge aquí tu ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA, obsequio de este establecimiento hasta agotar existencias

Para ir a las islas atlánticas...

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Desde el corazón de Galicia

Nuestras ediciones impresas

Nuestras ediciones impresas

Galicia é Calidade

Nuestra última edición impresa

Nuestra última edición impresa

Newsletter

Translate