21 sept. 2018

Deputación. Tras las amenazas socialistas de meter a la Oposición en el Juzgado, esta dice que no se arredra y vuelve con sus denuncias

El PP en la Deputación censuró el reparto de fondos llevado a cabo en un determinado programa de ayuda a los Concellos para determinados asuntos, por parte del bigobierno provincial. La reacción de los socialistas gobernantes fue tremenda : mentirosos, bellacos, os llevaremos a los tribunales, etc. etc. Todo un espectáculo. Tras la amenaza grandilocuente de los socialistas, Moldes el líder de los populares en la Depo -al que anunció el PSOE gobernante una querella-, resulta que no se arruga precisamente...
O PP acusa ao PSOE da Deputación de pretender evitar a fiscalización da Oposición con ameazas de xudiciar a vida política
  • Os populares dicen que "non verían con malos ollos que un xuíz entrara a desentrañar cales foron eses criterios de “madurez” que supuxeron o 40% da puntuación no baremo para a concesión das axudas ao Plan DEPOREMSE"
  • Tamén reflexionan sobre "a idoneidade de que un xuíz se pronuncie sobre que 12 concellos gobernados polo PP queden fóra das axudas mentres que o 60% dos cartos van para proxectos de municipios rexidos polo PSOE e BNG ocupando os 5 primeiros postos no ránking das axudas"
Pontevedra - O Partido Popular considera a ameaza de levar pola vía xudicial a valoración política feita polo voceiro do grupo provincial na Deputación, Ángel Moldes, sobre os proxectos aprobados polo equipo de goberno do ente provincial ao abeiro do Plan DEPOREMSE, "un novo intento PSOE de silenciar o traballo de fiscalización que a Constitución e os cidadáns lle outorgaron nesta lexislatura aos representantes populares nesta institución. Son os mesmos protagonistas e están seguindo a mesma estratexia que seguiron en Vigo, intentando silenciar o accidente do Marisquiño coas luces de Nadal”, explica o voceiro dos populares na Deputación. 
Ángel Moldes considera que "con estas “advertencias” o que se pretende é evitar a fiscalización que ten e debe facer a oposición con ameazas de xudicializar a vida política na Corporación Provincial para impedir que se fale dun xeito de actuar arbitrario e caciquil. Parece que quixeran imitar a Pedro Sánchez que tamén ameaza a todo o mundo con levalo ao xulgado para evitar que se controle o seu labor, función que nos corresponde desde a oposición”.
Segundo di Moldes, "o que di exactamente na proposta de dictame da comisión de cooperación é : “Á vista das alegacións formuladas e a achega de documentación a instrutora tomou en consideración estas solicitudes, propoñéndolle á Comisión de Expertos do Plan DepoRemse a súa valoración”, polo que seguimos interpretando que nun primeiro momento a xefa de cooperación considerou que os proxectos deses concellos (inclúido Marín) debían volver a estudarse, e foi un ténico da Comisión, (presidida por Carlos Font) o que considerou que Marín non cumpría os requisitos". 

Por outra banda, Moldes adiantou que "non só o bipartito está pensando en recurrir a vía xudicial senón tamén os propios alcaldes do Partido Popular que quedaron excluídos, novamente, dun proceso como o de DEPOREMSE porque consideran lesionados os intereses xerais dos seus veciños e veciñas xa que están convencidos de que cumpren rigorosamente cos criterios das axudas e, con todo, foron excluídos da súa concesión aínda tendo a puntuación mínima esixida". Nesta liña, o voceiro popular di que “xa se verá no período de alegacións quen calumnia e quen está mentindo”, pois desde o Goberno da Deputación van ter moito que explicarlle aos concellos”. 
Moldes insite en que “o PP non ten ningún problema e mesmo estamos de acordo co que van recibir os concellos, independentemente da súa cor política, o que criticamos é que haxa concellos que queden fóra polo caciquismo do equipo de goberno, como xa advertimos que podía acontecer o mesmo día no que se aprobaron as bases. O que o PP reclama é que todos os concellos, incluídos os gobernados polo PP, teñan as mesmas oportunidades".  

Para finalizar Moldes incide en que “secadra non é mala idea que un xuíz se pronuncie e intente averiguar  sobre que 12 concellos gobernados polo PP queden fóra das axudas mentres que o 60% dos cartos van para proxectos de municipios rexidos polo PSOE e BNG ocupando os 10 primeiros postos no ránking das axudas. Tamén sería interesante coñecer se é de xustiza que para este proceso os criterios de baremación se modificaran continuamente ata o último momento, con documentación distinta en tres ocasións e incluso se cambiou no propio pleno. Tampouco sería malo que desentrañara como media hora antes da rolda de prensa do PP se chama para cambiar a proposta de reparto porque  había cantidades importantes de cartos que non coincidían para nada cos datos que dera a presidenta e coa acta da comisión de valoración dos proxectos”, indicou o voceiro do PP na Deputación.
Neste sentido Moldes sinalou ademais que o PP afrontaba esta “nova pataleta” do PSOE con tranquilidade. “Que fagan o que consideren oportuno e, se deciden tomar medidas, igual é interesante para que determine o xuíz se cumpre a legalidade e porque deixa fóra a 12 concellos do PP. Que expliquen porque se fai un reparto onde os 5 primeiros concellos máis beneficiados son do PSOE e do BNG. Igual que inicien un proceso xudicial é un ben para todos, para que tanto os cidadáns como nós poidamos coñecer moitas cuestións desa xestión que se descoñecen”, concluíu Moldes.

Silva y sus socialistas gobernantes en la Depo dicen que
el PP solo sabe esparcir basura en lo que hace...

Páginas