8 sept. 2018

Deputación dice que Fomento dará nuevo impulso a la colaboración en favor de los yacimientos arqueológicos de la provincia

Os proxectos de musealización dos castros de Alobre en Vilagarcía, Toiriz en Silleda e Subidá en Marín serán licitados nas próximas semanas. Os traballos comezarán en febreiro.
A consolidación no Trega, na Guarda, segue a sorprender coa aparición dunha xamba nada habitual nos castros galegos. No Facho, en Cangas, xa se catalogaron 4.600 novas pezas
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, deu a coñecer "o novo impulso dado ao protocolo de colaboración entre a institución provincial e o Ministerio de Fomento relativo aos xacementos galaico romanos da provincia". En outubro se trasladarán a Patrimonio os proxectos de musealización doutros seis xacementos e, a comezos de ano, o Ministerio presentará as propostas do resto de castros.
En concreto, segundo informou Carmela Silva, o Ministerio de Fomento levará en outubro a licitación os proxectos de musealización dos xacementos xa redactados e que se corresponden cos castros de Alobre (Vilagarcía), Toiriz (Silleda) e Subidá (Marín). “Estes tres xacementos contan xa coa autorización de Patrimonio e está previsto que, se todo vai ben, en febreiro comecen os traballos”, asegurou a presidenta.
Tamén en outubro se presentarán a Patrimonio os proxectos de musealización xa redactados para Altos dos Cubos (Tui), Alto da Cruz do Castro (Cerdedo-Cotobade), Penalva (Campo Lameiro), Adro Vello (O Grove) e Mercado dos Mouros e Igrexa Vella (Valga), para que os autorice e poidan, deste xeito, licitarse.
No caso do resto de proxectos de musealización, correspondentes a Monte do Facho en Cangas, Trega na Guarda, Castro Landín en Cuntis, Monte do Castro en Ribadumia, A Cabeciña en Oia, Troña en Ponteareas e Altamira nas Neves, está previsto que o Ministerio de Fomento presente as propostas de musealización no primeiro trimestre de 2019. A presidenta da Deputación de Pontevedra aproveitou a ocasión para dar a coñecer o estado dos  traballos de consolidación e restauración que a institución provincial está a realizar nos xacementos de Trega e no Facho . “Levamos desde maio e, a verdade, estes xacementos nos que xa se tiña escavado anteriormente non nos deixan de sorprender, seguimos a atopar novos achados”, asegurou a presidenta provincial.
No caso de Mergelina, no xacemento do Trega da Guarda, apareceron dende maio anacos de ánfora romana, de terra sigillata itálica e unha moeda romana de bronce. “Pero o máis destacado é unha nova peza arquitectónica decorada -non habitual nos castros galegos- correspondente a unha xamba dunha porta, dos séculos I a.C. e I d.C e en moi bo estado de conservación,  de entre 45 e 50 centímetros, que presenta un sogueado que enmarca un entrelazado complexo de eses”, asegurou Silva. Esta xamba, tal e como anunciou a presidenta provincial, estará no Museo Arqueolóxico de Santa Trega ao igual que o “Cabezón do Trega”, achado nos traballos de escavación desenvolvidos anteriormente pola Deputación.
Pola súa banda, no Facho de Donón en Cangas, no que tamén comezaron os traballos a finais de maio, apareceron xa 4.600 pezas entre as que destacan catro moedas do século IV a. C. (pertencentes a un tesouro xa atopado no ano 2006), unha peza romana de colar azul de pasta vítrea, fragmentos de varias ánforas béticas e itálicas do século I a. C. e un importante número de cerámicas castrexas de entre os séculos IV e I a.C.
No caso do xacemento do Morrazo, as tarefas céntranse en delimitar a época de construción da muralla, definir unha serie de estruturas próximas a esta e continuar os traballos de restauración na zona máis alta do xacemento.


Share:


ARCHIVO RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Edición 15 de Rías Baixas Tribuna ya está en puertas

La edición 15, edición impresa de RÍAS BAIXAS TRIBUNA está siendo ya elaborada desde este lunes. Temas de máximo interés están en la planill...


LOS MÁS POPULARES EN UN AÑO

RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Buscar en RÍAS BAIXAS TRIBUNA

O noso peixe é de fiar

Empresas y autónomos confian

Empresas y autónomos confian
Gestradoc también obsequia a sus clientes con un ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Apuesta por el mejor vino blanco

Galicia, tes que vivila

Galicia, tes que vivila

En Zaragoza, 14 - Vigo

En Zaragoza, 14 - Vigo
recoge aquí tu ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA, obsequio de este establecimiento hasta agotar existencias

Para ir a las islas atlánticas...

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Desde el corazón de Galicia

Nuestras ediciones impresas

Nuestras ediciones impresas

Galicia é Calidade

Nuestra última edición impresa

Nuestra última edición impresa

Newsletter

Translate