7 sept. 2018

Consolida Galicia una educación pública 100% digital

07/09. 30.000 nuevos ordenadores portátiles en los próximos 2 años
GALICIA CONSOLIDA A EDUCACIÓN PÚBLICA 100% DIXITAL CUN ACORDO MARCO QUE PERMITIRÁ ADQUIRIR 30.000 NOVOS PORTÁTILES AO LONGO DOS VINDEIROS DOUS ANOS
  • A contratación realizarase cun único provedor e contará cun orzamento máximo de 14,8 millóns de euros
  • Poderán desfrutar dos beneficios do libro dixital 267 centros, un 70% máis que o curso pasado, e 18.000 alumnos
  • O 100% dos centros públicos de primaria e secundaria contarán neste novo curso cun acceso a internet cun mínimo de 100 megas
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou, na rolda de prensa do Consello, a consolidación da Educación Pública 100% dixital cun acordo marco que permitirá adquirir 30.000 novos portátiles ao longo dos vindeiros dous anos.

Cunha achega de 14,8 millóns de euros, Feijóo aseverou que poderán acceder a estes equipos os novos centros do Proxecto Abalar que se incorporen ao uso do libro dixital. Deste xeito, o acordo permitirá comprar os equipos que se precisen, en función das necesidades e da evolución desta iniciativa.

Durante a rolda de prensa, o responsable do Goberno galego resaltou que neste curso 2018-2019, un total de 267 centros e 18.000 alumnos, un 70% e máis dun 50% máis que o curso pasado, respectivamente, empregarán o libro dixital e se beneficiarán do paquete de melloras que se comezou a implantar de xeito progresivo o pasado curso e que se completará neste:

-A incorporación dun novo provedor de contidos, a Editorial Planeta, que se suma ás 750 unidades didácticas dos provedores Netex Learning e Edebé.

-A contratación dun cuarto provedor de contidos para a materia de Inglés.

-A posta en marcha do servizo para que sexan os propios profesores quen creen contidos educativos dixitais, que se chamará DIXIT.

-A entrada en funcionamento dun servizo de soporte premium para os alumnos, familias e profesores que: prestará atención remota as 24 horas e os 7 días da semana e atención presencial en 64 puntos repartidos por toda a xeografía galega grazas á colaboración con pemes do sector TIC.


O presidente da Xunta concluíu lembrando que grazas á iniciativa Escolas conectadas, na que a Xunta e o Goberno central están a investir máis de 17 millóns de euros, o 100% dos centros públicos de primaria e secundaria contarán neste novo curso, o primeiro da historia da comunidade, cun acceso a internet cun mínimo de 100 megas. 

Núñez Feijóo


Share:


ARCHIVO RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Edición 15 de Rías Baixas Tribuna ya está en puertas

La edición 15, edición impresa de RÍAS BAIXAS TRIBUNA está siendo ya elaborada desde este lunes. Temas de máximo interés están en la planill...


LOS MÁS POPULARES EN UN AÑO

RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Buscar en RÍAS BAIXAS TRIBUNA

O noso peixe é de fiar

Empresas y autónomos confian

Empresas y autónomos confian
Gestradoc también obsequia a sus clientes con un ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Apuesta por el mejor vino blanco

Galicia, tes que vivila

Galicia, tes que vivila

En Zaragoza, 14 - Vigo

En Zaragoza, 14 - Vigo
recoge aquí tu ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA, obsequio de este establecimiento hasta agotar existencias

Para ir a las islas atlánticas...

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Desde el corazón de Galicia

Nuestras ediciones impresas

Nuestras ediciones impresas

Galicia é Calidade

Nuestra última edición impresa

Nuestra última edición impresa

Newsletter

Translate