10 sept. 2018

Concello de Bueu creará su primer plan de igualdad intercentros

O Concello de Bueu avanza un paso máis na promoción da igualdade entre homes e mulleres, e por iso se está elaborando o I Plan de Igualdade Intercentros (2019-2022), no marco dunha subvención coa Deputación de Pontevedra, que ten como obxectivo que toda a comunidade educativa da vila vele pola aplicación daquelas medidas que vaian encamiñadas a fomentar o respecto ás diferenzas, entre elas, a igualdade efectiva entre homes e mulleres. 
Despois de varias reunións entre a directora do Centro de Información ás Mulleres (CIM) e as persoas responsables do CEIP Plurilingüe A Pedra, CEIP A Torre de Cela, CPR Virxe Milagrosa, CEIP Montemogos de Beluso, IES Illa de Ons, e IES Johán Carballeira, hoxe asinouse un convenio de colaboración con cada un dos centros para a creación do chamado Grupo de Traballo de Centros Educativos pola Igualdade (CEPI),  instrumento de traballo que servirá para analizar as fortalezas e retos de cara á elaboración deste plan, que, segundo está previsto, entrará en vigor no 2019 e no que tamén se buscará implicar ás asociacións de pais e nais.
Na reunión mantida este venres nas dependencias do CIM, na que estivo presente a  a directora do CIM e os responsables dos centros da vila, tamén se presentou a diagnose realizada nos centros para ver os puntos fortes e as debilidades en materia de igualdade de xénero. A partir de aí, adoptáronse catro liñas de traballo: modelo de escola coeducativa, desenvolvemento curricular non sexista, orientación con enfoque de xénero e modelo de convivencia igualitaria.

Esta iniciativa de acción forma parte do IV Plan para a Igualdade de mulleres e homes (2018-2021), que ten como liña prioritaria de actuación a adopción de medidas no eido educativo, que é a base na que se sitúa o cambio presente e futuro. A seguinte reunión, na que xa se presentará o texto definitivo, está programada para o 16 de outubro.



Share:


ARCHIVO RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Edición 15 de Rías Baixas Tribuna ya está en puertas

La edición 15, edición impresa de RÍAS BAIXAS TRIBUNA está siendo ya elaborada desde este lunes. Temas de máximo interés están en la planill...


LOS MÁS POPULARES EN UN AÑO

RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Buscar en RÍAS BAIXAS TRIBUNA

O noso peixe é de fiar

Empresas y autónomos confian

Empresas y autónomos confian
Gestradoc también obsequia a sus clientes con un ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Apuesta por el mejor vino blanco

Galicia, tes que vivila

Galicia, tes que vivila

En Zaragoza, 14 - Vigo

En Zaragoza, 14 - Vigo
recoge aquí tu ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA, obsequio de este establecimiento hasta agotar existencias

Para ir a las islas atlánticas...

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Desde el corazón de Galicia

Nuestras ediciones impresas

Nuestras ediciones impresas

Galicia é Calidade

Nuestra última edición impresa

Nuestra última edición impresa

Newsletter

Translate