12 sept. 2018

Comienza el curso escolar con un total de 150 centros plurilingües en la provincia de Pontevedra

O curso 2018/19 comeza cun total de 150 centros plurilingües na provincia de Pontevedra, 30 máis que o curso pasado, o que a converte na provincia con máis centros con este sistema. Este incremento do modelo plurilingüe –que implica a impartición de ata un terzo do horario lectivo en lingua estranxeira– tamén se deixa notar nas diferentes etapas, posto que cómpre lembrar que, desde o curso pasado e grazas á posta en marcha da estratexia Edulingüe 2020, a Consellería ampliou o ensino plurilingüe a infantil, bacharelato e formación profesional (antes só existía na educación obrigatoria). 

Deste xeito, 27 centros pontevedreses (4 por primeira vez no plurilingüismo) contarán con plurilingüismo en Infantil –denominado Plurinfantil–. No caso de bacharelato haberá 1 centro Pluribach, e en canto á Formación Profesional, 9 centros serán PluriFP (4 deles completamente novos no modelo plurilingüe). 

Ademais da extensión progresiva a Infantil (Plurinfantil), Bacharelato (Pluribach) e FP (PluriFP), este modelo segue consolidándose na etapa obrigatoria, á que se suman un total de 22 novos centros pontevedreses. En total, e sumando estes últimos así como os que se incorporan novos nas diferentes etapas (4+4), o conxunto de centros plurilingües na provincia ascende a 150. 


Así mesmo, Pontevedra suma 134 novas seccións bilingües. Toda a información pode consultarse na páxina web da Consellería https://www.edu.xunta.gal/portal/


Share:


ARCHIVO RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Edición 15 de Rías Baixas Tribuna ya está en puertas

La edición 15, edición impresa de RÍAS BAIXAS TRIBUNA está siendo ya elaborada desde este lunes. Temas de máximo interés están en la planill...


LOS MÁS POPULARES EN UN AÑO

RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Buscar en RÍAS BAIXAS TRIBUNA

O noso peixe é de fiar

Empresas y autónomos confian

Empresas y autónomos confian
Gestradoc también obsequia a sus clientes con un ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Apuesta por el mejor vino blanco

Galicia, tes que vivila

Galicia, tes que vivila

En Zaragoza, 14 - Vigo

En Zaragoza, 14 - Vigo
recoge aquí tu ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA, obsequio de este establecimiento hasta agotar existencias

Para ir a las islas atlánticas...

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Desde el corazón de Galicia

Nuestras ediciones impresas

Nuestras ediciones impresas

Galicia é Calidade

Nuestra última edición impresa

Nuestra última edición impresa

Newsletter

Translate