5 sept. 2018

"Caso Paramos" agita el fuego dialéctico entre Gobierno y Oposición en la Deputación de Pontevedra

04/09. La Oposición no traga por las razones del bigobierno provincial 
Moldes: “Carmela Silva vai ser recordada como a presidenta que deu as costas insistentemente aos concellos, aos alcaldes e aos veciños”
  • O voceiro do PP lamenta que a falta de colaboración da Deputación provoca situacións extremas en alcaldes, como no caso de Tui, que intentou acampar diante do pazo provincial en sinal de protesta.
  • “Minte constantemente ao dicir que non ten responsabilidades nin con Paramos nin cos concellos afectados polos lumes. Son escusas de mala gobernante”.
O voceiro do grupo provincial do PP, Ángel Moldes, critica á presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, referindo que vai ser recordada neste mandato como “a presidenta que deu as costas insistentemente aos concellos, aos alcaldes e aos veciños desta provincia”. Para o popular, a acampada que o alcalde de Tui tiña previsto facer o luns diante do Pazo Provincial para denunciar a falta de axudas da deputación ás familias afectadas pola explosión de Paramos, “é unha mostra máis da falta absoluta de colaboración que reciben os alcaldes desta provincia. Non é entendible que a Deputación, a administración máis próxima que teñen os concellos, estea pechada a cal e canta para os problemas e as necesidades desta provincia”. 

  1. Para Moldes “é inaceptable a actitude soberbia e prepotente de Carmela Silva”, á que acusa de usar “os mesmos métodos que o seu xefe de Vigo” para desviar toda a atención e a responsabilidade que ten como presidenta. “Pasan de largo ante os problemas, non aceptan responsabilidades e van contra todo e contra todos”. Nesta liña, critica que “minta constantemente ao dicir que non ten responsabilidades nin con Paramos nin cos concellos afectados polos lumes. Son escusas de mala gobernante. O dela é ofrecer grandes titulares e cifras que non se corresponden coa realidade desta provincia, pero é incapaz de dar resposta e ofrecer solucións aos problemas”.
  2. Sobre as competencias da Deputación para aprobar axudas, o PP ten claro “que a Deputación é competente. É máis, a primeira competente é a Deputación, porque é a administración máis próxima aos concellos e a súa razón de ser é apoiar aos pequenos e medianos concellos da provincia, algo que está obviando por completo. Non repartiu nin un só euro en axudas nin aos afectados polos lumes nin pola explosión en Paramos”.
  1. Moldes entende que “Lores fixo un gran favor ao Goberno de Carmela Silva ao prohibir ao alcalde acampar na Alameda, e a pesar de que se permitiu en outras moitas ocasións. E lles fixo un gran favor porque evitou que se visibilizase a gran vergoña deste Bipartito e de Carmela Silva, que é a nula capacidade que ten de ofrecer respostas aos problemas desta provincia”.
Moldes, a la derecha, no se calla
A XUNTA PRORROGA UN MES MÁIS O PRAZO PARA A SOLICITUDE DE AXUDAS POR DANOS NAS VIVENDAS DE PARAMOS, EN TUI
  • Esta medida cumpre co avanzado pola conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, aos representantes dos veciños afectados pola explosión pirotécnica
  • O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a Orde, pola que prolonga o prazo de presentación de solicitudes ata o vindeiro 7 de outubro
  • Ata o momento foron concedidas 68 axudas por danos nas vivendas, por importe de máis de 1,5 millóns de euros
  • Tamén se concederon 21 axudas para aloxamento provisional, por máis de 104.000 euros
  • As axudas da Xunta superan os 8 millóns de euros e son compatibles coas doutras administracións, polo que é fundamental que se impliquen tamén o Goberno central e a Deputación Provincial   
As persoas afectadas pola explosión da pirotécnica de Paramos (Tui) contará cun mes adicional de prazo para a presentación das solicitudes de axudas destinadas a sufragar os gastos de reparación dos danos causados nas vivendas e no seu enxoval doméstico derivados da explosión.

Esta medida vén a cumprir o avanzado o pasado 29 de agosto, na reunión que a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, xunto co delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, mantivo en Tui co alcalde  e os representantes dos veciños afectados pola explosión pirotécnica.

Tal e como recolle a Orde que hoxe publica a Consellería de Infraestruturas e Vivenda no Diario Oficial de Galicia, e que se pode consultar no seguinte enlace: https://bit.ly/2NOomun, o prazo de presentación de solicitudes, que remataba o 7 de setembro prolongarase ata o vindeiro 7 de outubro próximo.

Ata o momento actual presentáronse 107 solicitudes de axudas para reparación de danos en vivendas e enxoval doméstico, das que xa foron concedidas 68 axudas por importe de máis de 1,5 millóns de euros.

Os beneficiarios das axudas poden solicitar o pago anticipado das mesmas, unha vez que foron concedidas, xustificando posteriormente que as mesmas se destinaron aos fins para que foron solicitadas. Para iso é necesario que soliciten o pago anticipado, excepto no caso de axudas para vivendas ruinosas, cuxo pago se realiza automaticamente unha vez aprobada.

Desta maneira, do total de axudas concedidas xa foron pagados aos beneficiarios preto de 1.3 millóns de euros, que supoñen o 82% do importe de axudas concedido.

Realoxo provisional
A Orde publicada no DOG o pasado 7 de xuño establecía tamén axudas destinadas a sufragar os gastos de aloxamento provisional derivados da sinatura dun contrato de alugamento nunha vivenda polas persoas cuxas vivendas resultaron danadas pola explosión.

Rematado o prazo de presentación de solicitudes destas axudas para o alugueiro o pasado 8 de agosto, foron presentadas 25 solicitudes, concedéndose 21 axudas por importe que ronda os 105.000 euros cuxo pago se realiza por mensualidades.

Tres das solicitudes só están pendentes de que os afectados presenten a documentación que lles falta e unha foi denegada porque o solicitante non residía na vivenda afectada.

Estas axudas activadas desde os distintos departamentos da Xunta superan os 8 millóns de euros e son compatibles coas doutras administracións, polo que é fundamental que se impliquen tamén o Goberno central e a Deputación Provincial.





Share:


ARCHIVO RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Edición 15 de Rías Baixas Tribuna ya está en puertas

La edición 15, edición impresa de RÍAS BAIXAS TRIBUNA está siendo ya elaborada desde este lunes. Temas de máximo interés están en la planill...


LOS MÁS POPULARES EN UN AÑO

RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Buscar en RÍAS BAIXAS TRIBUNA

O noso peixe é de fiar

Empresas y autónomos confian

Empresas y autónomos confian
Gestradoc también obsequia a sus clientes con un ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Apuesta por el mejor vino blanco

Galicia, tes que vivila

Galicia, tes que vivila

En Zaragoza, 14 - Vigo

En Zaragoza, 14 - Vigo
recoge aquí tu ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA, obsequio de este establecimiento hasta agotar existencias

Para ir a las islas atlánticas...

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Desde el corazón de Galicia

Nuestras ediciones impresas

Nuestras ediciones impresas

Galicia é Calidade

Nuestra última edición impresa

Nuestra última edición impresa

Newsletter

Translate