12 sept. 2018

"Caso Marisquiño" : la Xunta se personará para reclamar los 200.000 euros de los costes sanitarios

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, revelou hoxe que a Administración autonómica pedirá persoarse na causa do Marisquiño para reclamar os 200.000 euros en custes sanitarios que se derivaron do accidente. O obxectivo é que se aclaren as pertinentes responsabilidades e que esta contía sexa asumida por quen a xustiza determine culpable do sinistro.
Rueda compareceu hoxe no Parlamento galego a petición propia para dar conta dos feitos acaecidos e das actuacións levadas a cabo en relación co accidente do pasado 12 de agosto, e mostrou o seu apoio á investigación xudicial.
Na súa intervención, tivo un recordo para os 467 feridos e mostrou o seu apoio, ánimo e afecto para eles. Ao mesmo tempo, agradeceu o labor desenvolvido polos diferentes corpos de seguridade e atención ás emerxencias, así como a colaboración dos particulares que se achegaron ao paseo, e relatou que dende que entrou a primeira chamada no 112 Galicia foron mobilizados SASEMAR, 061, SPEIS Vigo, Policía Nacional, Policía Local, Gardacostas, Garda Civil, e Protección Civil de Vigo e doutros concellos limítrofes. 
Segundo detallou o vicepresidente, os  medios mobilizados foron 5 UVIs, 2 equipos PAC Vigo, 36 ambulancias, 3 vehículos de apoio loxístico e 3 ambulancias de Cruz Vermella. Ademais, instalouse na zona un posto de mando médico, cun punto de triaxe inicial para os feridos. Segundo a gravidade, 2 foron vermellos, 7 amarelos, 64 verdes e houbo 24 altas. Os restantes feridos acudiron polo seu propio pé aos centros sanitarios. 
Á cabeza da coordinación deste dispositivo sanitario estivo durante toda a madrugada o conselleiro de Sanidade, Xesús Vázquez Almuíña, presente no servizo de urxencias do Hospital Álvaro Cunqueiro xunto ao xerente da EOXI de Vigo.

Ao mesmo tempo, Rueda lamentou en base á documentación coñecida ata agora, que no Marisquiño non se cumprira coas obrigas marcadas pola Lei de Espectáculos e recordou que o Concello de Vigo non exerceu a súa competencia de inspección e control sobre o evento nin concedeu a licencia, que era obrigatoria.



Share:


ARCHIVO RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Edición 15 de Rías Baixas Tribuna ya está en puertas

La edición 15, edición impresa de RÍAS BAIXAS TRIBUNA está siendo ya elaborada desde este lunes. Temas de máximo interés están en la planill...


LOS MÁS POPULARES EN UN AÑO

RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Buscar en RÍAS BAIXAS TRIBUNA

O noso peixe é de fiar

Empresas y autónomos confian

Empresas y autónomos confian
Gestradoc también obsequia a sus clientes con un ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Apuesta por el mejor vino blanco

Galicia, tes que vivila

Galicia, tes que vivila

En Zaragoza, 14 - Vigo

En Zaragoza, 14 - Vigo
recoge aquí tu ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA, obsequio de este establecimiento hasta agotar existencias

Para ir a las islas atlánticas...

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Desde el corazón de Galicia

Nuestras ediciones impresas

Nuestras ediciones impresas

Galicia é Calidade

Nuestra última edición impresa

Nuestra última edición impresa

Newsletter

Translate