18 sept. 2018

Cangas. Llega la 5ª MEDIA MARATÓN – 21K COSTA DA VELA

Este martes, día 18 de setembro, tivo lugar na Casa da Xuventude de Cangas a presentación da 5ª MEDIA MARATÓN – 21K COSTA DA VELA

O acto acudiron Xoán C. Chillón Iglesias (Concelleiro de Deportes), Ricardo Verde (Presidente Club Corredoiras), Lucas Troncoso (Atleta Club Corredoiras) e Solange Pereira (Madriña da Proba).

A proba, que terá lugar o domingo, día 30 de setembro, arrancará dende o Porto de Aldán e transcorrerá polo entorno da Costa da Vela, con final nas inmediacións da Fábrica de Massó (Cangas). O inicio será a partir das 10.00 h e a súa hora prevista de remate será sobre as 13.30 h.

No evento competirán preto de 600 atletas en categoría SENIOR e VETERÁNS, achegados dende diferentes puntos da xeografía autonómica, estatal e portugal.

A proba está organizada polo CLUB CORREDOIRAS BUEU e conta co patrocinio do CONCELLO DE CANGAS


Páginas