18 sept. 2018

Bueu continúa co avance nas obras para dotar de parques infantís a varias zonas do municipio

O Concello de Bueu continúa co avance nas obras para dotar de parques infantís a varias zonas do municipio, así como remodelar outros que se atopan en mal estado. No marco do proxecto, financiado con cargo ao Plan Concellos 2017 da Deputación de Pontevedra, xa está rematado o da Antiga Escola Unitaria de Cabalo, en Beluso, que esta mañá visitaron o alcalde da vila, Félix Juncal, así como Fidel Castro, concelleiro de obras e servizos, Silvia Carballo, edil de promoción económica e turismo, e Alfredo de la Campa, arquitecto técnico municipal.


Páginas