21 sept. 2018

Bueu contará cun Plan de Mobilidade Sustentable (PMS) para planificar melloras

BUEU.- Bueu contará cun Plan de Mobilidade Sustentable (PMS) para planificar melloras na súa rede de estradas e espazos públicos, optimizar recursos e actuacións nas infraestruturas viarias, e incluso acceder a fondos europeos de mobilidade. A Deputación de Pontevedracomunicou hoxe ao concello a concesión dunha subvención de 20.000 euros para a redacción do documento.
A axuda provincial ao Concello de Bueu foi estimada logo de varios trámites e recursos. A agora o goberno local deberá contratar e presentar o seu PMS nun prazo de 12 meses, para logo ser valorado polo persoal técnico do departamento provincial de Mobilidade. Deste xeito, Bueu pasa a formar parte do grupo de 41 concellos de menos de 50.000 habitantes que se repartiron  un importe de 570.000 euros na convocatoria de subvencións da Deputación para fomentar a mobilidade sustentable.
O PMS deberá ser cofinanciado por parte do concello cun 25% (sendo o montante total de máis de 26.000 euros), e aprobado en Pleno para garantir a súa executabilidade, xa que a intención é que sexa un documento operativo de planificación. 


Páginas