4 sept. 2018

Buenas cifras dejó el Turismo -en agosto- en la provincia de Pontevedra

04/09. Buen mes de agosto para el sector turístico provincial 

Deputación de Pontevedra presentou os resultados de ocupación hoteleira acadados no pasado mes de agosto e que de media ascenderon ao 87%. “Podemos falar novamente dun verán de récord, cunha altísima ocupación, que sitúa á nosa provincia como o grande referente turístico de Galicia”, indicou Carmela Silva.
A comarca do Salnés rexistrou unha ocupación do 91%, a de Pontevedra rozou o 90%, O Morrazo acadou o 92,75%, a comarca de Caldas chegou ao 93%, a de Vigo superou o 90,2%, O Baixo Miño rexistrou unha ocupación do 84,45%, O Condado e A Paradanta acadaron o 76,5% e Deza e Terra de Montes o 76,25%.  Pola súa banda, os establecementos de turismo rural tiveron unha ocupación media provincial en agosto do 82%, os cámpings do 85% e as vivendas turísticas do 92%, acadando o 100% en vilas como Sanxenxo, Cambados, Poio, Pontevedra, Bueu, Vigo e Silleda.
En liñas xerais, Deputación informou que entre xaneiro e xullo, atendendo aos últimos datos do INE, “chegaron á provincia de Pontevedra 742.392 visitantes, cifras semellantes ás acadadas no mesmo período de 2017 xa que soamente se rebaixou nun 1,5% o número de visitantes con respecto ao ano pasado”.  Máis polo miúdo, entre xaneiro e xuño rexistramos 3.000 persoas viaxeiras máis que o ano pasado. Entre xaneiro e xullo deste ano viñeron dende o estranxeiro ata Rías Baixas 177.131 turistas fronte aos 159.000 que o fixeron no mesmo período do 2017. 
O Castelo de Soutomaior e os Camiños cara Compostela pola provincia tamén acadaron porcentaxes superiores ás de agosto do 2017. Neste eido, a presidenta provincial informou que o Castelo de Soutomaior recibiu 6.278 persoas, un 26,4% máis que no mesmo mes do 2017, e que dende a reapertura do mesmo foron xa máis de 19.000 as persoas que se achegaron ata o recinto, un 104,30% máis que no mesmo período do ano pasado.
En canto aos Camiños cara Compostela, Carmela Silva subliñou que peregrinaron pola provincia 15.576 persoas, un 5% máis que o ano pasado. Máis polo miúdo o Camiño Portugués foi realizado por 11.657 persoas; o Portugués pola Costa por 2.290, un 45,7% máis que o ano pasado, e a Vía da Prata por 1.568 persoas, un 6,5% máis que en agosto do 2017.
Xunto a estas cuestións, a presidenta da Deputación tamén facilitou información relativa ás persoas que visitaron as oficinas de turismo. Neste contexto, o 81,63% proviñan do Estado (principalmente de Madrid, Barcelona, Valencia, Bilbao, Sevilla e Vitoria) fronte ao 18,37% que procedían do estranxeiro (Portugal, Italia, Reino Unido, Alemaña e Arxentina). Amais, o 55,25% das persoas que acudiron ás oficinas den agosto tiñan entre 35 e 60 anos, aloxáronse en hoteis entre 7 e 15 días e escolleron a provincia de Pontevedra, ademais de polo sol e praia, pola cultura e ocio. En total, o 56,55% dos que chegaron ata as Rías Baixas non coñecían o destino.
Carmela Silva presentou as conclusións do primeiro estudo de comportamento de compra do destino elaborado por Turismo Rías Baixas, unha enquisa que “permite coñecer datos obxectivos cos que tomar decisións intelixentes no noso plan de promoción”, afirmou a Presidenta. Este estudo permite concluír, a grandes trazos, que “Rías Baixas ocupa o destino principal das viaxes das persoas que nos visitan”, isto é, “que a maioría da xente vén e quere vir ás Rías Baixas”, asegurou Silva. Ademais, o estudo tamén conclúe que a provincia de Pontevedra ten un turismo que prefire os hoteis e que vén entre 4 días e unha semana; que escolle o destino pola gastronomía, pola oferta cultural, pola natureza e polas praias; que Internet é o medio a través do que se informan e xestionan a maior parte das súas compras e reservas, e tamén que o destino acada unha valoración moi alta, con 4,69 puntos sobre 5.



Share:


ARCHIVO RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Edición 15 de Rías Baixas Tribuna ya está en puertas

La edición 15, edición impresa de RÍAS BAIXAS TRIBUNA está siendo ya elaborada desde este lunes. Temas de máximo interés están en la planill...


LOS MÁS POPULARES EN UN AÑO

RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Buscar en RÍAS BAIXAS TRIBUNA

O noso peixe é de fiar

Empresas y autónomos confian

Empresas y autónomos confian
Gestradoc también obsequia a sus clientes con un ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Apuesta por el mejor vino blanco

Galicia, tes que vivila

Galicia, tes que vivila

En Zaragoza, 14 - Vigo

En Zaragoza, 14 - Vigo
recoge aquí tu ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA, obsequio de este establecimiento hasta agotar existencias

Para ir a las islas atlánticas...

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Desde el corazón de Galicia

Nuestras ediciones impresas

Nuestras ediciones impresas

Galicia é Calidade

Nuestra última edición impresa

Nuestra última edición impresa

Newsletter

Translate